Categoría: Comunicados


Cara finais do mes de marzo, Amigos dos Museos de Galicia realiaremos unha nova visita guiada por Felipe-Senén á Exposición Galicia, un relato no mundo. Mostra que explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo. Percorrido que nos leva desde a prehistoria ata a actualidade.  No marco da exposición chegan por vez primeira a Galicia sobranceiras pezas de alto valor simbólico para [...]

Día das Artes Galegas 2020: Domingo de Andrade O DÍA DAS ARTES GALEGAS A Real Academia Galega de Belas Artes  en sesión de 15 de xaneiro de 2015 determinou declarar a xornada de cada 1 de abril como “Día das Artes Galegas”. Elección en lembranza desa mesma data do ano 1188  e da que se deixa constancia en epígrafe baixo os linteis do Pórtico da Gloria, como día no que se colocaron;  mesmo tamén por can [...]

Estimado/a Socio/a: Pola presente informamos de que de acordo co Artigo 19º dos Estatutos da nosa entidade, queda convocada a: ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA, que se desenvolverá o xoves día 13 de febreiro do ano en curso ás 18,30 horas en primeira convocatoria e 19,00 horas en segunda e última no noso espazo de cultura “Portas Ártabras”, na rúa Sinagoga - 22.         [...]

Ás 20 horas no noso espazo de cultura "Portas Ártabras", Felipe-Senén fará un recorrido polas actividades do noso colectivo ao longo do almanaque do ano 2020.  Entre outras que iran nacendo segundo as circunstancias. "Portas Ártabras" é o punto de partida, un  espazo aberto ao diálogo, á tolerencia e moi especialmente a canto significa a cultura e dende o que se proxectan  ao camiño outras actividad [...]

Ás 20 horas Felipe Senén fará un recorrido polo ano 2019, analizando o estado da cuestión do patrimonio cultural galego e dos seus museos e anunciando as actividades que Amigos dos Museos de Galicia levará a cabo no 2020.  Ao final terá lugar un convite especial para os amigos asociados a este colectivo de vida ininterrompida dende o ano 1975.

Dúas conferencias impartidas polo historiador de Arte que foi director do Museo de Pontevedra Carlos Valle, arredor de Alfonso Daniel Rodriguez Castelao.     Castelao (Rianxo, 1886-Buenos Aires,1950) viaxou por motivos diversos, en varias ocasións, a Francia. As dúas visitas máis longas realizounas en 1921 e 1929, sendo financiadas ambas por bolsas-pensións concedidas pola “Junta para Ampliación de Estudios”. Tivo como marco de [...]

A visita prevista pro xoves 14 de novembro á  Escola de Canteiros de Poio queda por posposta polo imprevisto de obras urxentes naquel centro. Pendente pois a súa realización para un día lectivo do mes de febreiro, o que anunciaremos previamente nestas páxinas. Visita que ven a ser unha recomendable, importante e sorpendente lección para introducirnos na antiga e tradicional arte dos canteiros: debuxo, tipoloxías de pe [...]

O venres 8 de novembro, ás 20 horas no noso espazo de Cultura,"Portas Ártabras" o mestre, divulgador e creador do Museo Etnográfico das Pontes de García Rodriguez, Xosé María López Ferro recibiu o agasallo e o PREMIO PEDRA DO DESTINO 2019, como en outros anos concedido o Día Internacional  dos Museos, o pasado 18 de maio. Foi este un sinxelo e entrañable acto realizado en Portas [...]

O venres 8 de novembro, ás 20 horas no noso espazo de Cultura, "Portas Ártabras" o mestre, divulgador etnográfico e creador do Museo Etnográfico das Pontes de García Rodriguez, Xosé María López Ferro impartirá unha conferencia sobre os pasos dados para a formación e singularidade deste centro que recentemente abriu portas nun novo espazo na parte vella de esta vila coruñesa.  Xosé María [...]