Categoría: Comunicados


Nas calendas de Abril, isto é o  primeiro día deste mes do ano 1188 e abrindo a primaveras góticas galegas, entre estadas e grúas de madeira o Mestre Mateo dirixe na fachada occidental da catedral compostelá a colocación dos simbólicos linteis do Pórtico da Gloria. Portas que no Extremo Occidente abren á tumba dun Apóstolo íntimo de Cristo, onde converxen os vieiros que van configurando a Europa dos pobos.  Data e feitos que Mateo constata en epígrafe baixo estas colosais e monolíticas limeiras. [...]

Estimada/o Socia/o:Pola presente informamos de que de acordo co Artigo 19º dos Estatutos da nosa entidade, queda convocada a: ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIAque se desenvolverá o luns, día 27 de febreiro do ano en curso, ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20,00 horas en segunda e última no noso espazo de cultura “Portas Ártabras”, na rúa Sinagoga - 22.A Asemblea desenvolverase segundo a seguinte Orde do día:1.- Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asemb [...]

Descarga o programa de actividades 2023 de Amigos dos Museos de Galicia No apartado de ACTIVIDADES atoparás a proposta para o ano 2023, realización que dependerá das circunstancias que como xa temos experimentado aínda nos sorprenden. Iso si, como sempre, dentro desa maxia de envolverse na cultura dos pobos que é aproveitar ao máximo días, horas, enxergando todo (enxergar é sentir e sumar canta información sexa posible). Máis aló dos rituais e dos convencionalismos deste tempo de postureos ou pe [...]

2023 AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA 2023 PROGRAMA  DE ACTIVIDADES GRANDES VIAXES Velaquí a relación de grandes viaxes para este 2023, as que terán un programa específico. Itinerarios pensados dende unha singular óptica de autor, fundamentalmente baseadas en intereses culturais: Historia, Arqueoloxía, Arte, Etnografía... Actualidade. Si ben polas imposicións do noso tempo agradeceríamos que ,dende xa, os interesados e interesadas se preinscribisen ou deixasen constancia do seu interese (Ciberviaxes [...]

O Nadal significa nacemento e represéntase cun Belén, cunha humilde aldea á que acude unha familia buscando fonda...non a atopan, acóllense nun cortello e alí nace unha Esperanza, pregoada no ceo polas estrelas. Alí acoden pastores, gaiteiros, lavandeiras... e mesmo Reis Magos que poñen os pés na Terra... unha mensaxe de Paz. Hai outras fórmulas de celebración a do árbore verde cuberto de brilos e luz, a dun Papa Noel ou dun vagamundos cargado de sorpresas, trasnos... a Galiza das encrucilladas [...]

Na tarde do domingo 11 de decembro do ano 2022, finou na súa casa da Cidade Vella Francisco Peña Dono. Dende estas páxinas queremos deixar constancia do máis fondo agradecemento por ter deixado na nosa asociación, como fundador e mesmo como directivo, boa parte da súa vida e de moitas ilusións compartidas: en viaxes por Galicia, polo mundo e en actividades no noso e seu espazo de cultura "Portas Ártabras". Sempre en estreita colaboración, mesmo até os seus derradeiros días. Queremos facer chegar [...]

Ás 19 horas na Fundación Cuña - Casasbellas (Rúa Xerardo Álvarez. Limeses, 12, PONTEVEDRA) unha representación de Amigos dos Museos de Galicia entregará ao historiador da arte e museólogo Carlos Valle, o Premio Pedra do Destino 2022, concedido pola súa traxectoria profesional ao frente do Museo de Pontevedra, institución referente pola súa actividade e compromiso coa cultura galega e con canto implica un museo na: recuperación de obra significativa, estudo, conservación, documentación, exposició [...]

Dende os inicios da nosa Asociaciòn, Saleta acompañounos en moitas actividades e viaxes por Galiza e polo mundo. Hoxe, 18 anos e un día despois do pasamento do seu compañeiro Manuel Maria sentimos e compartimos a súa perda. Acompañamos o comunicado da Fundaciòn Manuel Maria, dinámica e modèlica instituciòn, o seu empeño final, cumprido con éxito pra dignidade e honra da literatura e da cultura de Galiza: Comunicarvos a triste nova de que este serán (sábado 10 de setembro) faleceu Saleta. Os seus [...]

Cando se fala á lixeira de crear museos, de musealizar e de plans expositivos, non sobra seguir a explicar o que é un museo e a museoloxía como ciencia da xestión destes centros. Museos dque se prentende de actores máis que de espectadores, en función da ética e da estética, tamén das novas tecnoloxías: centros para informar e formar, en constante evolución . E sabemos que non é fácil crear un museo real – fronte ás campantes virtualidades - con canto aquel implica de continente, de contidos e d [...]

Dentro desa ansia que nos aguilloa dende os fins de Amigos dos Museos de Galicia, noso colectivo ofrece unha serie de publicacións realizadas a través do tempo e conforme ás posibilidades. Libros de carácter divulgativo sobre temas moi diversos da cultura, tentando abrir portas a  máis amplos estudos, a visitas ou a ampliar os coñecementos. Publicacións moitas delas realizadas, especialmente, co aporte da Deputación da Coruña ou doutras institucións, xunto cos da nosa asociación e coa [...]