Actualidade


Xa está aberta a inscripción para participar nesta xeira que nos levará a Cedeira para seguir ás Terras de Ortegal e Bares. Como sempre e partindo ás nove da mañán da Coruña dirixirémonos por Valdoviño e Vilarrube a Cedeira, lugares cargados de historia e tradicións mariñeiras, camiños de peregrinación que conducen ao enigmático santuario de San Andrés de Teixido, un punto clave na etnografía de Galicia. Sitios, historias, tradicións que merecen coñecerse dende a nosa óptica como a cristianizaci [...]

O xoves 22 de xuño, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha conferencia pronunciada por Victorino Pérez Prieto (escritor e teólogo) arredor de "SANTA MARIÑA, SAN PAIO, SANTO AMARO E OUTROS/AS SANTOS/AS GALEGOS/AS. ENTRE A HISTORIA E A LENDA". As santas e os santos galegos foron cristiáns que levaron unha vida virtuosa ao servizo da xente e de Deus. Máis que as biografías deles, as que chegaron até nós foron as súas haxiografias lendárias. Mesmo as dalgúns son só fermosas lendas. As e os d [...]

O xoves 15 de xuño, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha conferencia de Alexandre Ripoll Anta (doutor en filoloxía galego-portuguesa, catedrático xubilado de lingua e literatura galegas), titulada: "O TESOURO DAS CANTIGAS DE MARTÍN CODAX" Martín Codax foi un poeta galego, posiblemente un xograr que viviu entre o século XIII e o século XIV. No ano 1998 dedicóuselle o Día das Letras Galegas xunto con Johan de Cangas e Mendinho. Neste 2023 adícaselle o Día das Artes Galegas. A súa orixe n [...]

O xoves 8 de xuño, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, titulada: "LOS ÁNGELES Y LAS MALAS TRADUCCIONES". Santóns e visionarios de todos os tempos e culturas deseñaron as características das divindades que lles rexían e o séquito que as acompañaba. E para facelo idealizaron e magnificaron aos reis e servintes que coñecían ou dos que tiñan noticias. A Biblia e as súas malas traducións completa [...]

Está aberto o prazo de inscripción para esta nova excursión cultural, que o sábado 10 de xuño nos levará ÁS MÉDULAS e ao seu entorno arqueolóxico. Amplo itinerario de ida e volta seguindo o Sil ao seu paso polo Monterfurado e polas terras de Valdeorras e mesmo pola Cabreira, para redondealo polo Bierzo de Vilafranca. Viaxe onde se fai imprescindible coñecer, contar e ver espazos que tiveron como protagonistas, hai dous mil anos, a miles de esclavos e como o cristianismo propagaba unha nova relix [...]

O xoves 1 de xuño ás 20 horas, no espazo cultural Portas Ártabras terá lugar a conferencia da historiadora, profesora e directora do Instituto Cornide, Ana Romero Masiá que nos falará arredor das "CIGARREIRAS CORUÑESAS DA FÁBRICA DA PALLOZA " Describir e analizar o papel que desempeñou este colectivo de traballadoras no desenvolvemento económico e social da cidade, destacando a evolución do seu traballo e a capacidade de adaptación aos cambios tecnolóxicos producidos no mundo do tabaco, así como [...]

O pasado 18 de maio e con motivo do Día Internacional dos Museos, o noso colectivo conmemorou esta xornada cun acto que tivo lugar en Portas Ártabras, salón que se mostraba repleto de público. Felipe-Senén abriu o acto incidindo sobre o interese da museoloxía e dos museos como complementos necesarios da educación e indicativos da cultura dun pobo. Mostrou a súa preocupación por interesantes centros museísticos que un día se abriron na Coruña, tal como o Museo Eléctrico Unión Fenosa o mesmo o Mus [...]

O xoves 25 de maio, ás 18:00 horas, en Portas Ártabras terá lugar a conferencia: O 15-m doce anos despois: crise do Réxime ou Restauración? na que Cristina Fallarás e David Rodríguez dialogan con Xoán Antón Pérez Lema. Acto en colaboración co Consello da Cultura da Galega. Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo…. Enchemos de novos termos os andeis do noso pensamento. Asistimos a unha proliferación de pa [...]

Neste primaveral sábado e partindo da Coruña, como é costume, ás 9 horas, dirixirémonos a Lugo, facendo tamén un recorrido polo seu contorno cunha completa visita á cidade fundada hai máis de dous mil anos. Insistiremos nas súas orixes romanas, dende o insólito ninfeo romano de Santa Eulalia de Bóveda ás murallas, respasando os vestixios arqueolóxicos, museos e centros culturais modélicos nunha cidade que aposta pola rehabilitación e revitalización do seu patrimonio cultural como marca de identi [...]

Como todos os anos, mesmo dende a súa creación polo Consello Internacional de Museos no ano 1977, ao chegar esta data na que intercionalmente se celebra aos museos como fonte de educación cultura e turismo, neste ano 2023 baixo o lema de Sostibilidade e Benestar, o noso colectivo convoca a quen desexe asistir a un acto que terá lugar, o xoves 18 de maio, ás 20 horas, no noso espazo de cultura "Portas Ártabras". O motivo é perpetuar a normalidade nos museos, institucións que definen a cultura dun [...]