Actualidade


O vindeiro xoves 9 de xaneiro ás 20 horas, no local da “Asociación Amigos dos Museos de Galicia” terá lugar unha nova charla do ciclo “Paganismo e relixión na arte” na que o enxeñeiro José Luis García Dornelas falará sobre A RELIXIÓN E O PODER. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de imaxes para mostrar a estreita relación que mantivo a divindade cos monarcas da Antigüida [...]

Ás 20 horas Felipe Senén fará un recorrido polo ano 2019, analizando o estado da cuestión do patrimonio cultural galego e dos seus museos e anunciando as actividades que Amigos dos Museos de Galicia levará a cabo no 2020.  Ao final terá lugar un convite especial para os amigos asociados a este colectivo de vida ininterrompida dende o ano 1975.

O próximo xoves, en Portas Ártabras , o fotógrafo, poeta e mariñeiro Xosé Iglesias, expoñerá as suas fotos de pupilas abisais. Momentos e movementos oceánicos plasmados xa no papel fotográfico. Mar en estado puro, coas súas historias contadas da voz de un mariñeiro da Galiza. Presentará o acto Felipe Senén. A exposición poderá visitarse ata o 28 de febreiro de 2020.

Ás 20,30 no noso espazo de cultura "Portas Ártabras", o escritor e traductor Xoán Abeleira presentará a traducuón realizada por il de "Porca Terra" do escritor , guionista de cine e pintor londinese John Berger (1926). Creador cunha rica vida cargada de experiencias, na Segunda Guerra Mundial, alumno do Henry Moore. Decide cambiar a vida urbana por unha aldea dos Alpes franceses, deixa a pintura e dedícase a escribir... [...]

Derradeira xeira do ano 2019 que nos levará polos "locus amoenus", os inspiradores e amados lugares para o poeta  Manuel María. Excursión seguindo os textos literarios deste creador literario que foi un dos grandes e incondionais amigos do noso colectivo. Visita  en Outeiro de Rei á "Casa de Hortas", hoxe Casa-Museo gardadora das esebncias do chairego, os arredores: o Campo de Santa Isabel, as Penas de Rodas...  o [...]

O vindeiro xoves 12 de decembro ás 20 horas, en Portas Ártabras, terá lugar unha nova charla do ciclo “Paganismo e relixión na arte” na que o enxeñeiro José Luis García Dornelas comentará os últimos avances filolóxicos aplicados aos códices que describen o Nadal. A charla acompañarase coa proxección de medio centenar de imaxes que mostran como as diferentes interpretacións do texto [...]

O próximo venres, día 29 de Novembro, celebraremos unha homenaxe á figura de Ramón Muñiz de las Cuevas. Dito acto terá lugar na cidade de A Coruña en Portas Artabras a partires das 20,00h. Teremos a proxección dun audiovisual, intervencións de varios persoeiros (Francisco Rodriguez, Antonio Fernández Oca, Xosé Ramón Cendán, Gumersindo Campaña, Xulio López Valcarcel, Luis Celeiro e Xáco [...]

Dúas conferencias impartidas polo historiador de Arte que foi director do Museo de Pontevedra Carlos Valle, arredor de Alfonso Daniel Rodriguez Castelao.     Castelao (Rianxo, 1886-Buenos Aires,1950) viaxou por motivos diversos, en varias ocasións, a Francia. As dúas visitas máis longas realizounas en 1921 e 1929, sendo financiadas ambas por bolsas-pensións concedidas pola “Junta para Ampliación de Estudios”. Tivo como marco de [...]

O venres 15, ás 20 horas en Portas Ártabras, Felipe-Senén impartirá esta clase teorica e práctica  na que analizarán aspectos sobre como rentabilizar mellor a visita á institución do museo: visitas xerais, parciais, de grupo, familiares, individuais... adenterandose en aspectos relativos ao continente, (as arquitecturas de vella ou nova plata), así como os contidos (as obras de arte, os artefactos.)... a [...]