Actualidade


A fin de dar cumprimento ao Regulamento de Amigos dos Museos de Galicia, axuntamos a convocatoria de Asemblea Xeral para o luns 26 de febreiro na que trataremos sobre os logros do presente e das ansias de futuro. É ese un xeito democrático de participar nun colectivo do que formas parte esencial. Estimado/a Socio/a: Pola presente informamos que de acordo co Artigo 19º dos Estatutos da nosa entidade e como asociad@ de Amigos dos Museos de Galicia queda convocad@ a: ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE AMI [...]

O domingo 25 de febreiro, conforme ao programa, faremos unha singular xeira en tempo acaído de mimosas polo ribeiro do Barbantiño e do Arenteiro. Terras que no medievo se chamaron "castela", polos moitos castelos, velaí o de Vilamarín. Recorido seguindo os pasos e a literatura de Otero Pedrayo, de Cea a Amoeiro, Trasalba, Punxín... Para, despois do xantar enxebre, pola tarde, seguir o recorrido polos arredores do Carballiño, tan ricos en arqueoloxía, igrexas románicas, pazos... lembrando e visit [...]

O xoves 22 de febreiro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras un recorrido a través da música do cantautor Pepe Piña. Músico que comeza, en solitario, tocando en pubs en Santiago e Lugo e algúns concertos nas Radios locais.Polo 1980 fundador de SEMEN UP con Alberto Comesaña e varios músicos de Lugo, entre eles Tino López e Jorge del Rio publicando disco (“Lo estás haciendo muy bien”), sendo proclamados Grupo Revelación do ano. No 1988, xunto con Chiruca, Antón Campelo, Ezequiel Orol, Quique [...]

O xoves 15 de febreiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras, a conferencia "ORIXES E ORIXINALIDADE DO ENTROIDO EN  GALIZA", recorrido que fará o museólogo especialista en cultura galega Felipe - Senén polo almanaque festivo. As variedades e competencia de máscaras e folións sometidos ao ritual dunha corentena. Reinado da cor, dos sóns, dos cantos, da fartura presidida polo porco... da liberdade creativa: Felos, Cigarróns, Pantallas, Boteiros, Volantes, Maragatos, Rodo, Galáns, Madamas, Cho [...]

Está aberta a inscripción para a primeira xeira deste ano 2024, que será o domingo de Entroido, 11 de febreiro. Xeira da aventura na que os asistentes, sorpresa tras sorpresa e durante toda a xornada e sen coñecelos lugares que se visitarán, farán un recorrido por algúns dos entroidos máis significativos de Galicia. Tampouco faltará o xantar enxebre en lugar característico. Todo o que si terá relación con esta festa primaveral, analizando ademias o contexto cultural e paisaxístico da zona ou zon [...]

O vindeiro dia 9 de febreiro a economista, escritora, e profesora galega María do Carme García-Negro, impartirá unha palestra co título:  Palestra de Economía Galega: Seguimos precisando industria? Data: 9 de febreiro, venres Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña María do Carme García Negro é Doutora en Ciencias Económicas e Empresariais e profesora titular do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. N [...]

O xoves 8 de febreiro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 - A Coruña), unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, comentando algún dos relatos bíblicos nos que Yahvé manda aniquilar aos pobos que viven na que será Terra Prometida para que os israelitas poidan ocupala.Resulta asombroso o parecido que manteñen eses xenocidios bíblicos co actual e permanente conflito árabe-israelí.A charla complementarase coa proxección d [...]

O sábado 3 de febreiro ás 12:00, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro: "BELLAS DAMAS SIN PIEDAD. MUJERES DEL SURREALISMO." O vórtice vital e creativo das mulleres surrealistas excede a problemática de xénero. A súa maneira de estar no mundo derroca estereotipos adquiridos e, a un tempo, custodia o sedutor orgullo da súa feminidade. Musas, si, de presenza poderosa que inspira, instigadoras do prodixio e dunha vida plena que non consente desfalecemento algún ante convencións "cast [...]

O xoves 1 de febreiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha conferencia impartida polo Doutor en Psicoloxía José Martínez - Romero Gandos, titulada: "AQUÉN E ALÉN DO MAR. LEMBRANZAS DUN RETORNADO". José Martínez-Romero Gandos, nos falará da emigración dos galegos a Arxentina, concretamente a Bos Aires e que el viviu en primeira persoa, de exiliados e emigrados que coñeceu, Colectividades e Institucións galegas emigradas, así como da figura de outro emigrado galego, Luis Seoane. Entrada [...]

O vindeiro dia 30 de xaneiro o profesor de Historia e secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello, impartirá unha palestra sobre “A SITUACIÓN ACTUAL DO ENSINO PÚBLICO EN GALIZA”. Data: 30 de xaneiro, martes Hora: ás 8 do serán Lugar: Portas Ártabras - Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella - A Coruña Suso Bermello (A Coruña, 1965) é profesor de historia no IES Agra de Leborís da Laracha a onde chegou despois de moitos anos como mestre no ensino primario. É o secretario nacional da CI [...]