Actualidade


O xoves 24 de marzo ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Ángel Arcay Barral "Las 1001 recetas del Palacete de las Mendoza", no acto ademais do autor participará Ernesto Vázquez Rey (Presidente de Amigos do Museo de Pontevedra), que tamén colabora na publicación. LAS 1001 RECETAS DEL PALACETE DE LAS MENDOZATrátase dunha obra que recolle a transcrición de 1001 receitas elaboradas polas irmás Mendoza no seu palacete de Santa María, no centro de Pontevedra, e que cont [...]

Podes anotarte, sempre hai sitio, neste caso para unha xeira inmensamente cultural. Como unha expresiva antoloxía da Historia de Galicia, por canto significan na súa vinculación con Compostela esta dúas vilas, xenuinamente mariñeiras: MUROS E NOIA E entre elas un universo no que enredarse, dende os Tamaricos á casa de Trastámara para entrar na contemporaneidade, velaí a central do Tambre do arquitecto Antonio Palacios, a Serra de Outes e o Santuario de San Ourente de Entíns coas reliquias do San [...]

A continuación presentamos o programa da viaxe que Amigos dos Museos de Galicia realizará entre o 18 e o 24 de abril de 2022 ao REINO DE ARAGÓN; DÍA 18/ABRIL: A CORUÑA – JACA Presentación no Obelisco para saír en dirección a Jaca, xantar en restaurante en roteiro. Durante o itinerario coñeceremos algún punto de interese na “Ruta do Cid”, como San Pedro de Cardeña. Chegada ao hotel de Jaca e distribución de habitacións. Cea e aloxamento. DÍA 19/ABRIL: JACA – SAN JUAN DE LA PEÑA – SANTA CRUZ DE LA [...]

O xoves 10 de marzo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación dos libros "Testemuño da Guerra Civil" de Isabel Ríos, así como de "El Defensor" de Manuel Romero Mengotti. Presentará Testemuño da Guerra Civil o traductor do libro ao galego Xosé Antón García Ferreiro e visionaremos videos con entrevistas a Isabel Ríos e ao fillo da autora, Manuel Calvelo, que finalmente non pode asistir ao acto. A Continuación Manuel Romero Mengotti presentará "El Defensor" TESTEMUÑO DA GUERRA CIVIL [...]

O martes 8 de marzo ás 20:00 horas terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia organizada pola  Agrupaçom Cultural O Facho, na que participaráa profesora e ensaísta Pilar García Negro, quen falará dentro do ciclo, Lingua, Literatura e Nación. A sua palestra versará sobre: “Dúas visións antitéticas da Galiza: Rosalía de Castro / Emilia Pardo Bazán"

Solución á continuidade de produción tradicional do secado do Congro A burocracia non xera máis que burocracia e mesmo nela quérese enguedellar a canto significa como recurso o Patrimonio Cultural. Como proba velaí o que nestes días de marzo acontece en Muxía ao suspender a Consellería de Sanidade e posiblemente multar o proceso de secado tradicional de congro nas cabrias. Actividade que reporta históricas relacións entre os cordaneiros de Aragón e os pescadores, intercambiando cordas por p [...]

Está aberta a inscripción para participar nesta actividade cultural que levará a coñecer aos asistentes por un dos ribeiros máis literarios e nun tempo especial de primavera: O ribeiro do Río Arenteiro... Escenarios descritos por Emilia Pardo Bazán en "El Cisne de Vilamorta", terras ademáis de Lousada Dieguez, de Chamos Lamas, de Xaime Ferreiro Alemparte... Puntos a visitar entre os que estarán: Banga, Cabanelas, Pazos de Arenteiro, Sal´ón, Cameixa, Moldes, Astureses... Aldeas no entorno dos con [...]

O xoves 3 de marzo ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a última das conferencias introductorias á Cultura Galega O arqueólogo - museólogo Felipe - Senén, interaccionará épocas con autores, actores, creadores, tendencias como a celtofilia e a celtofobia en relación co acontecer en Europa e en especial co occidente atlántico. Comezarase por analizar a idea cultura, máis alá das liturxias e do fenómeno comercial ao que hoxe se ve sometida. Entendendo a cultura como un valor de uso, en funció [...]