Actualidade


O xoves 20 de outubro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Santiago Juega Puig: "PERIPLO AL MALUCO. LA CASA DE CONTRATACIÓN DE ESPECIERÍA. A CORUÑA, 1522 - 1529" En 1522, tras o regreso de Elcano a bordo da nao Victoria, Carlos I creou na Coruña a Casa de Contratación da Especiería, coa intención de centralizar toda a actividade coas Illas Molucas. Partiron tres expedicións: Esteban Gómez (1524-1525), Loaísa-Elcano (1525-1536) que conseguiría realizar a segunda c [...]

O xoves 13 de outubro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar unha nova conferencia impartida polo enxeñeiro e especialista en arte José Luis García Dornelas, que nesta ocasión falará sobre: "LA EVOLUCIÓN DE LA MEDICINA Y DE LA PERMANENTE LUCHA ENTRE LO SAGRADO Y LA RAZÓN"

O MINHO PORTUGUÉS CON AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA 30 - 31 DE OUTUBRO E 1 DE NOVEMBRO Xeira a través dun tempo e dunha terra que sabe saudar ao outono.  E faise lembrando aos defuntos e aos santos, con flores e silencios nos camposantos e nesas igrexas revestidas de arte de todo tempo. Días nos que se acenden as lumeiradas dos Magostos, se asan castañas e se proba o viño novo. É este o tempo do celebrado San Martiño, o das primeiras matanzas. Poucos países hai no mundo que saiban celebrar e [...]

O xoves 6 de outubro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a presentación da nova edición revisada, ampliada e bilingüe do poemario “As nosas sombras no Xardín de Serralves” (Bartleby Editores), a cargo do poeta, narrador, ensaísta e artista plástico Xabier Seoane, o poeta, narrador é xornalista Antón Castro e do propio autor, Xoán Abeleira. Adxuntamos ligazón informativa da distribuidora : https://www.udllibros.com/libro-nuestras_sombras_en_el_jardin_de_serralves-2310020179

As persoas interesadas en participar na xeira de tarde durante o mes de outubro (saída ás 16 horas dende o Obelisco) que se dedicará a visitar o Pazo de Oca (A Estrada) (interior e xardíns), poden preinscribirse dando nome e tel´éfono no noso espazo de cultura, Portas Ártabras (Sinagoga 22), ou aos tfns.- 630930298/ 981210101. Visita, que polas súas características e mellor coñecemento esta sometida a un grupo reducido.

Dende os inicios da nosa Asociaciòn, Saleta acompañounos en moitas actividades e viaxes por Galiza e polo mundo. Hoxe, 18 anos e un día despois do pasamento do seu compañeiro Manuel Maria sentimos e compartimos a súa perda. Acompañamos o comunicado da Fundaciòn Manuel Maria, dinámica e modèlica instituciòn, o seu empeño final, cumprido con éxito pra dignidade e honra da literatura e da cultura de Galiza: Comunicarvos a triste nova de que este serán (sábado 10 de setembro) faleceu Saleta. Os seus [...]

O xoves 8 de setembro, ás 20 horas en Portas ´Ártabras terá lugar unha nova conferencia impartida polo enxeñeiro e especialista en arte José Luis García Dornelas, que nesta ocasión fará un análisis iconográfico, remarcando os paralelismos con outras culturas do relato de "LA CREACIÓN DEL MUNDO", tal como é narrado nos primeiros capítulos do "Xénese".

A viaxe de Lisboa, inclúe canto significa esta cidade tan literaria, artística e musical. Sendo un adentrarse integral no seu mesmo espírito, tanto de conquistas como de fados. Tamén mellorando experiencias repetidas polo noso colectivo  cunha cidade coa que mantén  unha querenza e ligazón especial. As devanditas novas circunstancias - a fin de realizar unha viaxe diferente e co ánimo de perfección que nos caracteriza - recomendan anotarse previamente e con antelación suficiente, a fin [...]