Actualidade


Amigos dos Museos de Galicia é un colectivo de memoria, e a memoria nutre a Historia, agradecendo e aprendendo de xente, feitos e cousas boas. Así é que o 18 de decembro, día da Esperanza deste ano - tan coutado por inesperadas circunstancias -  deixou ente noso mundo o doutor Xosé Luís García Suárez, benquerido do noso colectivo: participativo en moitas xeiras polo mundo, por Galicia, e que mentres poido animou o noso espazo de cultura “Portas Ártabras”  cada luns, cont [...]

O xoves 22 de outubro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Iria - Friné Rivera Vázquez: A ORIXINALIDADE RADICA NA ORIXE; O CONCEPTO DA IMAXE GALEGA NA ESTÉTICA DE VICENTE RISCO. Como teórico da Arte, Vicente Risco recolleu as maiores influencias artísticas da nacente modernidade. A súa figura funcionou como un catalizador dentro da cultura galega, impulsando diferentes ámbitos –dende a Arte até a Literatura– na cal se forxou un imaxinario atemporal galego entre e [...]

 "Portas Ártabras", espazo de cultura de Amigos dos Museos de Galicia recolle unha mostra sobre aspectos que caracterizaron a vida do historiador da Arte Manuel Chamoso Lamas (Moldes de Boborás 1909 - 1985 A Coruña), alumno e discípulo dos membros da agora lembrada e celebrada Xeración “Nós”, como do seu veciño Lousada Dieguez. Collage composto por documentos fotográficos da súa mesma autoría qu [...]

Ás 20 horas en Portas Ártabras o profesor de Xeografía da Univesidade Complutense Francico Alonso Otero impartirá unha conferencia sobre a MARAGATERÍA. Encontro no que abondará en temas relativos á xeografía deste enclave, entre Astorga, os montes do Teleno e o Val do Silencio, atravesado polo Camiño Francés a Compostela, así como a súa arqueoloxía, sendo interesantes os seus enclaves mineir [...]

O xoves día 23 de xullo, ás 20 horas en Portas Ártabras,cunha conferencia do arqueólogo Lois Ladra farase presentación pública do libro editado polo noso colectivo " OS TORQUES ÁRTABROS. ARQUEOLOXÍA E CONTEXTO PARA O OURO GALAICO". Exemplar que se une a oturos xa publicados na mesma colección sobre Alexandre Malaspina,  A guía de dolmens de Galicia,  a Guía do Cimeterio de Santo A [...]

O xoves 16 de xullo, ás 20 horas, tivo lugar en Portas Ártabras, unha conferencia impartida por Ángel Concheiro sobre “CASTROS E AGRAS : INTERVENCIÓN E CREACIÓN DUNHA PAISAXE GALEGA”. Para ver a gravación prema AQUÍ Ángel Concheiro Coello ten o mérito de achegar ao gran público, de xeito científico e con amenidade, a arqueoloxía e os seus problemas. Estudoso do castro do Achadizo e do Neix [...]

O xoves 16 de xullo, ás 20 horas, en Portas Ártabras, o arqueólogo Angel Concheiro dará unha conferencia sobre “CASTROS E AGRAS : INTERVENCIÓN E CREACIÓN  DUNHA PAISAXE GALEGA”. Concheiro Coello ten o mérito de achegar ao gran público, de xeito científico e con amenidade, a arqueoloxía e os seus problemas. Estudoso do castro do Achadizo e do Neixón, ambos en Boiro,  así como do de Baro [...]

Velaquí na canle de Amigos dos Museos de Galicia de youtube a conferencia que o fotógrafo e historiador Xurxo Lobato deu en Portas Ártabras o xoves 9 de xullo do 2020 sobre "GALICIA É UNHA FESTA" e que recolle aspectos da súa recente publicación co mesmo título. Felipe-Senén fixo a introdución a un tema que caracteriza a Galicia como país de encrucilladas e de portos, isto é de feiras, festas e romar [...]