Actividades


Actividades

AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA 2019 PROGRAMA DE ACTIVIDADES

XANEIRO

* 31  xoves: Presentación do Programa 2019 de actividades e xeiras.

FEBREIRO

* 15 venres: Asemblea anual de socios de Amigos Museos Galicia.

* 17 domingo: Xeira da Aventura, unha viaxe a un lugar inesperado.

MARZO

* 3 domingo: Xeira ao sempre diferente e sorprendente “Triángulo Máxico do Entroido Tradicional Galego ”:Viana do Bolo, Monterrei, Limia…

* 31 domingo: (Atención ao cambio de horario, sairemos ás 9, horas oficial). As terras do Deza, arqueoloxía, etnografía, pazos….

ABRIL

* 1 luns: Día das Artes de Galicia”, dedicado ao creador Luís Seoane.

* 18 xoves: Celebración do “Día Internacional dos Monumentos e os Sitios”.

* 21 domingo: Xeira para vivir o auto da Resurrección en Fisterra e insólito recorrido pola  máis rigorosa “Costa da Morte”.

* Neste mes, e nunha tarde dun día (diario) farase unha visita ao Parlamento de Galicia. (Dependencias, servicios, coleccións de Arte)

MAIO

* 12 domingo: Xeira á terra de Canteiros, petróglifos de Campolameiro, Carballedo… lembrando a Antonio Fraguas.

* 17 venres: “Día das Letras Galegas” dedicado ao etnógrafo Antonio Fraguas.

* 18 venres: Día Internacional dos Museos18 de Maio, convocado polo ICOMOS. Acto en “Portas Ártabras” e no que se dará a coñecer o “Premio Pedra do Destino 2019”

* 25-26 (sábado –domingo): Astorga, o Val do Silencio e ás Médulas por camiños diferentes e coas novas perspectivas arqueolóxicas.

 XUÑO

* 9 domingo: Xeira ás terras e serras de Ribadavia e Leiro, o Ribeiro de Avia.

* Segunda quincena: Viaxe pola beiramar hanseática, deica Dinamarca, Suecia e Noruega. Expedición diferente viaxe polos Países nórdicos (ver programa especial)…

XULLO

* 6 sábado (Saída ás 4): Visita a Buño dos oleiros e beiramar de Soneira.

* 14 domingo: Xeira ao Val de Neira, de Baralla a Portomarín, Etnografía, arte..

* 28 domingo: Xeira polas Terras do Condado, arqueoloxía, etnografía, arte.

AGOSTO

* 11 domingo: Xeira a terras lusas de Melgaço, a Peneda…Castro Laboreiro.

* 25 domingo: Antolóxica e tradicional xeira ao Courel por camiños diferentes.

SETEMBRO

* 8 domingo: Xeira de Noia a Muros por Outes, Entíns e os seus misterios.

* 22 domingo: Xeira a Terras de Bande, Entrimo e portuguesas de Lindoso..

OUTUBRO

* Primeira quincena: Antolóxica viaxe á India do Norte e Nepal (ver programa especial).

 * 27 domingo: Xeira polas terras do Carballiño e Ribeiro do Arenteiro e máis…

NOVEMBRO

* 10 domingo: Xeira polo Salnés, coñecer os seus pazos, arqueoloxías e historias.

* 16 sábado: Día Mundial do Patrimonio Cultural. (Ás 17 horas dende o Xardín de S. Carlos) visita guiada á cidade Vella da Coruña.

* 23-24 (sábado-domingo): Coñecer ben Braga e arredores.

* Neste mes, e nunha tarde dun día (diario) farase unha visita intensa á Catedral de Santiago.

* Cursiño: "Como se visita un Museo".

DECEMBRO

* Ponte festiva: intensa viaxe a Munich: historia, arte, etnografía, museos, gastronomía, mercados de Nadal…

* 20 venres: Despedida de Ano en “Portas Ártabras”.

* 22 domingo: A Terra Cha de Manuel María…e máis co Belén de Begonte.


Viaxes longas previstas para o 2020 ou que poden sustituir ás programadas. Trátase de itinerarios  de “deseño” cultural, fora dos programas convencionais:

* Xuño: A Europa céltica (Suiza, Austria..)// Sicilia, Sur de Italia// Rusia…

* Outubro: // Antoloxia de Arxentina// Perú//

* Cidades:  Bruxelas// Berlín//

* Entre outras xeiras, que incluso poden repetirse con grupos minoritarios, engadirse  ou substituír algunha das programadas, sempre en función da seguridade e éxito … Non esquecemos Euskadi, nin Aragón, Andalucía…


COÑECER, QUERER E DEFENDER O PATRIMONIO CULTURAL

Este é un programa inacabado. Da propia dinámica improvisaranse  e nacerán outras actividades.  As"Portas Ártabras" están abertas a recibir e informar.

COÑECER GALICIA”

Viaxar de xeito colectivo é algo máis que aprender, é convivir, compartir o que os seres humanos fixemos e desfixemos ao longo da historia: arqueoloxía, arte, etnografía, paisaxe… Deste xeito, a institución do museo proxéctase  máis alá do seu continente e das vitrinas ao  verdadeiro escenario do acontecer cotián. Roteiros estudados para cada estación do ano, onde sempre haberá algo novo por sentir.

COÑECE A TÚA CIDADE

A cidade define aos seus habitantes, verdadeiro museo de actores, onde todo comunica a quen sensiblemente se achega a preguntarlle. Son xeiras explicadas polas propias rúas da cidade, as súas institucións, monumentos e empresas.

“COÑECE OS TEUS MUSEOS”

Hai algo máis que o continente dun museo e que o mesmo contido, formado por obras de arte, por artefactos, curiosidades e explicacións. A institución do museo é un xeito científico de conservar, documentar, estudar, divulgar ou sensibilizar, algo ao que achegarse, a fin de implicarse con canto significa e dignifica a cultura.

PORTAS ÁRTABRAS ABERTAS”

O noso espazo de cultura, en Sinagoga 22, está aberto a todos os colectivos que ansían sensibilizar sobre a inmensidade do patrimonio cultural, máis aínda cando coa crise se pechan e limitan espazos para o encontro.

“LUNS DE PROXECCIÓNS DE ARTE”

Proxeccións de documentais que introducen a diferentes aspectos da Historia, a Arte, a Etnografía….

“XOVES DE VIAXES”

Un día de cada semana pra presentación de itinerarios ou pra compartir experiencias vividas: proxeccións, fotos, intervencións…neste ano coa colaboración do escritor Lois Diéguez, entre outros amantes das viaxes culturais.

“SEGUNDO XOVES DE MES”: SIMBOLISMO

O enxeñeiro e especialista en simboloxía medieval Xosé Luís García Dornelas, cada segundo xoves de mes, introduce á algún aspecto da variedade temática da linguaxe dos símbolos.

CICLO “COMO SE VISITA UN MUSEO

Cursiño anual dirixido especialmente a pedagogos, estudantes de turismo, animadores culturais, co ánimo de iniciar sobre as posibilidades didácticas e limitacións que ofrece a institución do museo. Adentrándonos na forma de interpretar a cidade e o medio como un museo activo que tanto define aos cidadáns de onte, como aos de hoxe. Repaso do estado da cuestión dos museos galegos.

TERTULIAS, CONFERENCIAS, CURSOS

Seminarios feitos de xeito teórico-práctico coa ansia de sensibilizar encol do valor cultural das creacións e os camiños da arte. Neste 2016:”Historia da Arte de Galicia”.

1 DE ABRIL. Proposta do “DÍA DAS ARTES DE GALICIA”

En conmemoración da mesma data do ano 1188 no que se erguen os linteis do Pórtico da Gloria, baixo a dirección do Mestre Mateo e segundo consta labrado nos mesmos. Neste 2018, dedicado pola Academia G. de B. Artes  ao arquitecto Alenxandre de la Sota.

18 DE ABRIL “DÍA INTERNACIONAL DOS  MONUMENTOS E DOS SITIOS ”

Celebración da xornada para coñecer o estado da cuestión sobre o patrimonio cultural como escenario da “memoria colectiva” e como recurso.

18 DE MAIO “DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Celebración especial dedicada a espallar a significación do museo na educación e na cultura.  Xornada na que se da a coñecer o “PREMIO PEDRA DO DESTINO” á conservación e difusión do patrimonio cultural.

 CONCURSO FOTOGRÁFICO “OBXECTIVO DA MEMORIA

O tema é o estado da cuestión do Patrimonio Cultural de Galiza. Bases na web.


PARA CONTACTAR CON AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA

En “Portas Ártabras”, Sinagoga 22, baixo

Trala ábsida da Colexiata de Santa María, Cidade Vella

A Coruña 15001

Horario de 19 a 21 hrs. do serán, diariamente; sábados de 12 a 14 hrs.

Tfnº.- 981 21 01 01

E-mail: correo@amigosmuseosgalicia.org

www.amigosmuseosgalicia.org