actividades

Ampliar imagen
Ampliar imagen

AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA 2017 PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Este é o programa que procurará cumplirse para o 2017, incluso aumentarse. Polo que haberá que estar atentos a estas páxinas ou contactar con ´Portas Ártabras´, Tfnº.- 981210101

AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA 2017 PROGRAMA  DE ACTIVIDADES 2017

XANEIRO

* 26 xoves: Presentación do Programa 2017 de actividades e xeiras.

 FEBREIRO

* 12 domingo: Tradicional “Xeira da Aventura”. Os asistentes non saben a onde van. Un día de viaxe e visitas sorpresa, lúdico e fondamente cultural.

 * 26-27-28 (domingo a martes de Entroido) (saída 8 hrs.):  Tres xornadas de xeira polo Entroido e a cultura ourensán: Viana do Bolo, Laza e Verín, Xinzo e máis.

 MARZO

* 12 domingo: intensa visita á Catedral compostelán, as súa cubertas. A Cidade da Cultura e puntos míticos do que foi o  monte Libredón.

* 26 domingo : (Atención ao cambio de horario, sairemos ás 9, hora oficial) :  Viaxe aos Ribeiros do Avia e do Arnoia. Ribadavia, Cortegada...

 ABRIL

* 1 sábadoDía das Artes de Galicia, dedicado á pintora Maruxa Mallo.

* 9 domingo de Ramos:  Adentrarse nos enigmas de Ourense , ribeiros do Miño,  Castro de S. Cibrao das Las, Mugares, Moreiras...

* 18  martes: Celebración do “Día Internacional dos Monumentos e os Sitios en Portas Ártabras.

* 30 domingo: Xeira pola ría de Pontevedra, os museos... Combarro, Armenteira, a Lanzada, S. Vicente do Grove...


MAIO

* 14 domingo: Xeira polas terras da Ulloa e do Deza; o Castelo de Pambre, os templos románicos...

* 17 mércores: “Día das Letras Galegas dedicado a Carlos Casares.

* 18 xoves: Día Internacional dos Museos” 18 de Maio. Acto en “Portas Ártabras” e no que se dará a coñecer o “Premio Pedra do Destino 2017”.

* 28 domingo: Intensa xeira ás Médulas e novas perspectivas arqueolóxicas.

 XUÑO

* 11 domingo:  coñecer ben a cidade de Astorga...arqueoloxía, museos...

*  Segunda quincena: Antolóxica viaxe polo Sur da Gran Bretaña: Inglaterra, Gales, Cornualles...Tras o legado celta e as pegadas de Arturo e Merlín.

XULLO

* 1 Sábado: (Saída ás 4). Tarde intensa: Visita especial  a Corme, Museo Torres Pujales... e itinerario de Pondal.

* 7 - 8 - 9 (ver  programa do curso de “Pedramar” do Pindo) con subida optativa a Moa, entre moitas actividades arredor deste enigmático monte.  

* 16 domingo: Excursión e detida visita ás illas Cíes.

* 30 domingo: Xeira por terras asturianas de Grandas de Salime, os Oscos e Taramundi... Arqueoloxía e etnografía.

AGOSTO

* 6 domingo:  Intensiva visita a terras lusas de Ponte da Lima...

* 27 domingo: Antolóxica e tradicional xeira ao Courel...


SETEMBRO

* 10 domingo:  Coñecer as ribeiras do mar de Arousa, a illa de Cortegada...  Vilanova e lembranzas de Valle Inclán.

* 24 domingo: Xeira a Viveiro, Foz, Sargadelos....

OUTUBRO

*  Primeira quincena: Antolóxica Viaxe polo Mundo Persa, o Irán.

* 29 domingo: (ollo, cambio de horario, saída ás 9 h. oficial). Xeira pola Terra Cha:  Cospeito, Castro de Viladonga, Meira....

 NOVEMBRO

* 12 domingo: Monforte de Lemos, museos  e os seus arredores da Ribeira Sacra.

* Cursiño: "Como se visita un Museo".

* 26 domingo: Xeira a Vigo, adentrándose nas súas novas iniciativas museísticas .

 DECEMBRO

* Ponte festiva : intensa viaxe a Valencia e Malága, novos e tradicionais museos, megalitos de Antequera (Menga, Romeral...)

* 15 venres:  Despedida de Ano en “Portas Ártabras”.

* 17 domingo: Xeira polas Terras de Noia e Lousame. Arqueoloxía, o volframio...


Viaxes longas previstas para o 2018 ou que poden sustituir ás programadas. Trátase de itinerarios  de “deseño” cultural, fora dos programas convencionais, complementarias con itinerarios xa feitos polo colectivo:

* Xuño: Centro Italia, entre Roma e Florencia: os  etruscos

 * Outubro:    Xapón//  Perú.

 * Cidades:   Bruxelas//  Milán

* Entre outras xeiras, que incluso poden repetirse polo éxito e con grupos minoritarios, engadirse  ou substituír algunha das programadas, sempre en función da seguridade e éxito ...

* Pra o futuro: Centro Europa céltica/ Antoloxía de Arxentina / Países escandinavos....


COÑECER, QUERER E DEFENDER O PATRIMONIO CULTURAL

Insistimos en que este é un programa inacabado. Da propia dinámica improvisaranse  e nacerán outras actividades.  As"Portas Ártabras"están abertas para informar.

COÑECER GALICIA”

Viaxar de xeito colectivo é algo máis que aprender, é convivir, compartir o que os seres humanos fixemos e desfixemos ao longo da historia: arqueoloxía, arte, etnografía, paisaxe... Deste xeito, a institución do museo proxéctase  máis alá do seu continente e das vitrinas ao  verdadeiro escenario do acontecer cotián. Roteiros estudados para cada estación do ano, onde sempre haberá algo novo por sentir.

COÑECE A TÚA CIDADE

A cidade define aos seus habitantes, verdadeiro museo de actores, onde todo comunica a quen sensiblemente se achega a preguntarlle. Son xeiras explicadas polas propias rúas da cidade, as súas institucións, monumentos e empresas.

“COÑECE OS TEUS MUSEOS”

Hai algo máis que o continente dun museo e que o mesmo contido, formado por obras de arte, por artefactos, curiosidades e explicacións. A institución do museo é un xeito científico de conservar, documentar, estudar, divulgar ou sensibilizar, algo ao que achegarse, a fin de implicarse con canto significa e dignifica a cultura.

PORTAS ÁRTABRAS ABERTAS”

O noso espazo de cultura, en Sinagoga 22, está aberto a todos os colectivos que ansían sensibilizar sobre a inmensidade do patrimonio cultural, máis aínda cando coa crise se pechan e limitan espazos para o encontro.

“LUNS DE CINE”

Proxeccións, de documentais, que introducen a diferentes aspectos da Historia, a Arte, a Etnografía.....

“SEGUNDO XOVES DE MES”: SIMBOLISMO

O enxeñeiro e especialista en simboloxía medieval Xosé Luís García Dornelas, cada segundo xoves de mes, introduce á algún aspecto da variedade temática da linguaxe dos símbolos.

CICLO “COMO SE VISITA UN MUSEO

Cursiño anual dirixido especialmente a pedagogos, estudantes de turismo, animadores culturais, co ánimo de iniciar sobre as posibilidades didácticas e limitacións que ofrece a institución do museo. Adentrándonos na forma de interpretar a cidade e o medio como un museo activo que tanto define aos cidadáns de onte, como aos de hoxe. Repaso do estado da cuestión dos museos galegos.

TERTULIAS, CONFERENCIAS, CURSOS

Seminarios feitos de xeito teórico-práctico coa ansia de sensibilizar encol do valor cultural das creacións e os camiños da arte. Neste 2016:”Historia da Arte de Galicia”.

1 DE ABRIL. Proposta do “DÍA DAS ARTES DE GALICIA”

En conmemoración da mesma data do ano 1188 no que se erguen os linteis do Pórtico da Gloria, baixo a dirección do Mestre Mateo e segundo consta labrado nos mesmos. Neste 2017, dedicado a Maruja Mallo.

18 DE ABRIL “DÍA INTERNACIONAL DOS  MONUMENTOS E DOS SITIOS ”

Celebración da xornada para coñecer o estado da cuestión sobre o patrimonio cultural como escenario da “memoria colectiva” e como recurso.

18 DE MAIO “DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Celebración especial dedicada a espallar a significación do museo na educación e na cultura.  Xornada na que se da a coñecer o “PREMIO PEDRA DO DESTINO” á conservación e difusión do patrimonio cultural.

 CONCURSO FOTOGRÁFICO “OBXECTIVO DA MEMORIA

O tema é o estado da cuestión do Patrimonio Cultural de Galiza.


PORTAS ÁRTABRAS

Este é o nome do espazo de cultura de Amigos dos Museos de Galicia, situado na rúa Sinagoga 22, nunha casa da autoría do arquitecto Antonio López Hernández,   o modernista autor de “A Terraza” de Sada. O coidado traballo de carpintería  faise sobranceiro nas portas exteriores e interiores, as que suxeriron o nome de “Portas Ártabras”.  Lembramos así tamén o antigo nome da área xeográfica prerromana coruñesa, a dos ártabros. Edificio a carón da ábsida da Colexiata de Santa María do Campo ou dos Mareantes, co camarín da Virxe da Estrela, venerada imaxe, orientadora dos nautas coruñeses. “Portas Ártabras é  punto de encontro, de información das actividades, así como de asesoramento de canto ten que ver co patrimonio cultural e co turismo: conferencias, cursiños e exposicións, animan este espazo que conta cunha biblioteca especializada en  viaxes.

¿QUÉ É UN MUSEO?

O concepto de museo é cambiante,  sometido a modas e técnicas museolóxicas. Se ben hai algo que debe ser permanente: institución aberta ao público, sen espírito de lucro, que adquire, conserva, investiga e difunde aspectos materiais ou ideolóxicos do acontecer pasado ou presente, ou canto pode arrodear ao ser humano, con fins de estudo, educación, turismo ou simple lecer.

¿QUÉ SON AS ASOCIACIÓNS DE AMIGOS DOS MUSEOS?

“… están formadas por membros do gran público, sen fins lucrativos, e organízanse para a promoción e desenvolvemento do museo como institución ó servizo da sociedade” (I Congreso Internacional das As. de Amigos dos Museos, Barcelona 1972). A sensibilización co patrimonio cultural de Galiza é o punto de partida para “Amigos dos Museos de Galicia”.

PARA CONTACTAR CON AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA

En Portas Ártabras, Sinagoga 22, baixo

Trala ábsida da Colexiata de Santa María, Cidade Vella

A Coruña 15001

Horario de 19 a 21 hrs. do serán, diariamente; sábados de 12 a 14 hrs.

Tfnº.- 981 21 01 01

E-mail:correo@amigosmuseosgalicia.org

www.amigosmuseosgalicia.org

 


 
Archivo PDF

2017  Programa Amigos Museos Galicia 2017

 
Descargar ArchivoDescargar

artigos
proxeccións
exposicións
outras actividades
próximas xeiras
comunicados
Ligazóns  |  Aviso legal  |   Desarrollo web: Brigantia