DO 7 AO 13 DE OUTUBRO: VIAXA A LISBOA CON AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA


A viaxe de Lisboa, inclúe canto significa esta cidade tan literaria, artística e musical. Sendo un adentrarse integral no seu mesmo espírito, tanto de conquistas como de fados. Tamén mellorando experiencias repetidas polo noso colectivo  cunha cidade coa que mantén  unha querenza e ligazón especial.

As devanditas novas circunstancias – a fin de realizar unha viaxe diferente e co ánimo de perfección que nos caracteriza – recomendan anotarse previamente e con antelación suficiente, a fin de reservas e os conseguintes aspectos que as buriocrazas actuais esixen. Por todo o cal e para un maior coñecemento poden solicitar información e demais detalles co noso axente: CIBERVIAXES

Trátase de combinar a visita a museos de todo tipo, con espazos típicos, literarios, históricos e abertos polos que flúe a vida, con paradas e comidas en lugares representativos. É esta unha actividade moi experimentada polo noso colectivo, cada vez mellorada e con novas ofertas culturais para o visitante, ás que se poden sumar outras en función do tempo cronolóxico, climatolóxico e disposición do colectivo.

07 DE OUTUBRO: CORUÑA-PONTE DA LIMA-OBIDOS-LISBOA

Presentación na parada de bus urbano diante do Sporting Club casino na Avda de Mariña, a saída será ás 08.00hrs. Nos dirixiremos a Ponte da Lima onde se realizará unha parada. Continuación cara Coimbra, panorámica desta histórica cidade empapada de historia que se reflicte nas súas típicas e estreitas rúas  que respiran o aire e a arte de séculos.  Almorzo nun restaurante típico. Continuación despois cara Obidos onde se realizará unha panorámica desta localidade que conta cun marabilloso centro histórico, rodeado por unha muralla ameada clásica, formado por un labirinto de rúas empedradas e casas encaladas gustosamente adornadas con flores e vivos toques de pintura amarela e azul. Continuación despois cara a Lisboa, traslado ao hotel, distribución dos cuartos. Cea e aloxamento.

08 DE OUTUBRO: LISBOA

Almorzo no hotel e saída para comezar unha panorámica da cidade, veremos entre outras cousas: a praza do Marquês de Pombal, Praça do Comércio, o Campo das Cebolas, a porta de Oriente, a Avenida Jose Malhoa, etc.

Ás  11 hrs nos dirixiremos ao Museo de Arte Xanelas Verdes para a súa visita,  ao  finalizar saída cara ao restaurante onde terá lugar o almorzo. Pola tarde paseo pola cidade, zona do Chiado que representa a Lisboa máis bohemia e alternativa, algúns definen ao Chiado como o Montmartre lisboeta.  Tamén pasearemos pola praza  do Rossio, a zona máis animada de Lisboa, nos arredores abundan os bares e restaurantes e é o lugar que frecuentan os lisboetas e os visitantes. Cea nun restaurante céntrico e ao finalizar traslado ao hotel.  Aloxamento.

09 DE OUTUBRO: LISBOA

Almorzo no hotel e saída para visitar o Barrio das Amoreiras e as súas novas arquitecturas, un barrio con vida propia no corazón de Lisboa.

Visita ao Museo Calouste Gulbenkian que foi creado a partir dos bens deixados por Calouste Gulbenkian, un amante da arte e experto coleccionista. Este museo atópase situado xunto á Avenida de Berna. A arquitectura deste edificio foi inspirada co obxectivo de perpetuar a memoria de Calouste Gulbenkian segundo os principios “Espiritualidade, creatividade e simplicidade”.  Almorzo nun restaurante típico lisboeta. Á saída percorrido polo barrio de San Bento, e a continuación visita á Casa Museo de Amalia Rodrigues localizada no mesmo barrio, é a casa da cantante de Fado máis representativa de todos os tempos, foi convertida nun museo, o obxectivo deste lugar é dar a coñecer a  súa carreira artística, así como os case 30 mil obxectos que a acompañaron, testemuñas  das súas viaxes e tours polo mundo, etc. Pola tarde paseo polo Bairro Alto, o Carme, o Pavillao Chinesse, etc. Traslado  ao finalizar o paseo a un restaurante onde desfrutaremos dunha cea típica amenizada con show de Fados. Traslado ao hotel e aloxamento.

10 DE OUTUBRO: LISBOA-ESTORIL-CASCAIS-SINTRA

Almorzo no hotel e saída para un percorrido de dia completo pola Foz do Tajo: Estoril, Cascais e Sintra.  Cascais e Estoril, convertéronse nun dos lugares máis cosmopolitas e turísticos de Portugal desde o momento no que o rei Don Luís I escolleu a baía como  a súa residencia de verán a finais  do século XIX. O clima suave e unha media de 260 días  sen chuvia ao ano foi, con toda seguridade, un motivo de peso para tal elección e para que as familias máis acomodadas da época seguisen á casa real e contasen alí con vivendas e palacetes. Merece a pena dar un paseo e sentir, aínda hoxe, o ambiente daquela época.  Despois da visita destas dúas localidades, saída cara a Sintra, marabillosa cidade situada no  medio dun bosque cheo de palacios e onde visitaremos o seu fantástico Castelo de Mouros e o impresionantes Palacio da Pena.

Tempo libre para pasear unha vez rematadas as visitas. De camiño cara a Lisboa pararemos nun restaurante para realizar a cea, chegada a Lisboa e traslado ao  hotel.

11 DE OUTUBRO: LISBOA

Almorzo no hotel e saída para a visita do Museo Arqueolóxico que contén a colección arqueolóxica máis importante de Portugal. O museo atópase situado no edificio contiguo ao Mosteiro dos Xerónimos que visitaremos a seguir e que xunto á Torre de Belém que tamén veremos son as visitas turísticas máis importantes de Lisboa. En 1983 foron declarados os dous monumentos Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Despois visitaremos o Museo de Coches, un lugar sorprendente e que alberga unha importante colección de carruaxes que datan dos séculos XVII, XVIII e XIX.

Comida en restaurante e pola tarde realizaremos a visita de dous palacios: o de Queluz coñecido como o Versalles portugués, é un dos principais palacios da familia real portuguesa, que a partir da súa construción converteuse na principal residencia dos membros da Casa de Braganza. Ao  seu  arredor desenvolveuse a poboación de Queluz, cidade próxima a Lisboa pertencente  ao municipio de Sintra. A continuación visitaremos o Pazo dos Marqueses de Fronteira, é un edificio situado na cidade e que foi construído entre 1671 y 1672 como pavillón de caza para João de Mascarenhas, primeiro marqués de Fronteira, que recibiu o  seu  título do rei Alfonso VI de Portugal. Na actualidade, o pazo continúa sendo propiedade do marqués de Fronteira, aínda que algunhas partes poden ser visitadas, como a biblioteca e o xardín.  Foi declarado monumento nacional en 1982. Cea no restaurante do hotel e aloxamento.

12 DE OUTUBRO: LISBOA

Almorzo no hotel.  Saída cara á Fundación Saramago para realizar unha visita, á chamada Casa dos Bicos situada no Barrio de Alfama alberga a Fundación, trátase dun antigo palacete do XVI que pertenceu  ao Virrei da India Alfonso de Albuquerque. De aire renacentista, xunto a ela repousan baixo un olivo as cinzas do escritor José Saramago; en efecto, o edificio é a sede da Fundación José Saramago e na actualidade, o espazo alberga exposicións temporais e eventos culturais varios.

Continuación cara á zona da Catedral, comunmente chamada Sé de Lisboa, é a igrexa máis antiga e importante da cidade.  A súa construción data do século XII e o estilo predominante é o románico. O seu nome completo é Santa María Maior. Visitaremos o seu interior así como o seu Claustro e  o seu tesouro situado na parte superior da Catedral e que se compón de catro salas con traxes, xoias e reliquias de diferentes épocas.

Xantar en restaurante típico. Pola tarde visita ao Museo do Azulexo instalado no antigo Convento Nai de Deus, o Museo posúe a máis extensa colección, con máis de sete mil pezas que percorren a historia desta arte en Portugal desde o século XV á actualidade.  Tamén posúe un núcleo destinado á azulexaría hispano-morisca dos séculos XV-XVI, traballos destacados de autores europeos e un espazo para obras contemporáneas. Seguidamente visitaremos o Mosteiro de Sao Vicente de Fora, é un edificio declarado Monumento Nacional que data do século XVII, un dos máis representativos exemplos da arquitectura manifesta de Portugal e panteón da maior parte dos reis e raiñas da Casa de Braganza. Pola noite terá lugar a cea de despedida nun restaurante moi elegante da cidade.

Traslado ao hotel ao finalizar a cea e o aloxamento.

13 DE OUTUBRO: LISBOA-ALCOBAÇA-BATALHA-CORUÑA

Almorzo no hotel e saída cara a Alcobaça para visitar a súa Abadía , coñecida como Santa María de Alcobaça, é a primeira obra gótica erixida en  solo portugués.  A súa construción comezou en 1178 polas monxes da Orde do Císter. É considerado Patrimonio da Humanidade pola Unesco desde 1989, e no ano 2007 foi  elixida como unha das Sete Maravillas de Portugal.  Xantar nun restaurante desta localidade.

Ao finalizar o almorzo emprenderemos camiño cara Batalha, realizaremos unha parada para unha visita desta localidade en especial ao seu Mosteiro de Santa Maria da Vitória, máis coñecido como Mosteiro de Batalha, unha maxestosa obra, clasificada Patrimonio Mundial pola Unesco, de estilos manuelino e gótico, que foi realizado no século XIV para cumprir o voto que D.  João I había feito á Virxe por vencer aos casteláns na batalla de Aljubarrota en 1385. Continuación do noso viaxe cara á Coruña, realizarase algunha parada en ruta antes da chegada prevista cara ás 23.00hrs.

FIN DA VIAXE E DOS NOSOS SERVIZOS

Para máis información e reservas contactar con: CIBERVIAXESFederico Tapia, 41 (A Coruña)  – Telf.: 981 216600