XOVES 9 DE XUÑO: J.L GARCÍA DORNELAS RETOMA O CICLO PAGANISMO E RELIXIÓN NA ARTE CON “DEVOCIONES CORUÑESAS”


O xoves 9 de xuño, ás 20 horas en Portas Ártabras o enxeñeiro e especialista en arte medieval José Luis García Dornelas retoma o ciclo “Paganismo e Relixión na Arte” cunha conferencia arredor das: “DEVOCIONES CORUÑESAS: ESCENAS DE SANTA BARBARA, SAN JORGE, SANTA LUCÍA Y SANTA CATALINA EN EL ARTE”

Conferencia na que se comentarán escenas pouco coñecidas das vidas destes santos e de como se manifestan a través da Arte. A charla acompañarase coa proxección dun centenar de obras de pintura e escultura sobre o tema.

O ciclo Paganismo e Relixión na Arte terá lugar os segundos xoves de cada mes.

Entrada libre ata completar aforo.