DOMINGO 26 DE XUÑO: ESPECIAL XEIRA ÁS MÉDULAS E O SEU EMPORIO MINEIRO E ARQUEOLÓXICO


O domingo 26 de xuño realizaremos a tradicional xeira ao emporio mineiro e arqueolóxico de AS MÉDULAS. Actividade que realizaremos coñecendo singularidades das terras de Valdeorras, seguindo o Sil, así como desta parte do Bierzo, adentrándose no pasado romano, na Historia, nas lendas, coñecendo novos aportes arqueolóxicos e achados sobre as máis grandiosas minas auríferas da antigüidade. E como sempre non faltará o xantar enxebre berciano. Os que veñan por primeira vez non esquecer´án este día e os que repitan enriqueceránse aínda máis a través das novas alternativas culturais e turísticas nunhas paisaxes e Historia da que sempre queda que aprender e admirar.

Anótate en Portas Ártabras ou chamando aos teléfonos 981210101 – 630930298