XOVES 28 DE ABRIL: CONFERENCIA DO ARQUEÓLOGO DIEGO PIAY ARREDOR DAS VILAS ROMANAS DA GALLAECIA


O xoves 28 de abril, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga 22, baixo – A Coruña) a conferencia do arqueólogo e Profesor de Historia Antiga da Universidade de Oviedo Diego Piay Augusto arredor de: “As vilas romanas na antiga provincia de Gallaecia

As vilas foron estruturas de carácter residencial e produtivo situadas no mundo rural, moi características da civilización romana. A súa presenza esténdese, aproximadamente, desde o século II aC ata o V dC. Atópanse dispersas por todo o imperio, desde o río Éufrates ata o norte de África, e desde Britania ata o limes germanicus. Na península ibérica, as vilas tiveron unha forte implantación, polo que, nun momento no que o estudo deste tipo de asentamentos goza dunha extraordinaria difusión en toda Europa e é lícito preguntarse sobre que podemos dicir das vilas romanas no territorio da antiga Gallaecia.

Entrada libre ata completar aforo.