1 DE ABRIL: DÍA DAS ARTES GALEGAS ADICADO AO PINTOR “LAXEIRO”


O venres, 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas, nesta edición do 2022 dedicada ao pintor de Lalín “Laxeiro”. Con tal motivo a Real Academia Galega de Belas Artes inaugurará nesta xornada – ás 19.30 horas, na súa sede na Praza do Pintor Álvarez de Sotomayor 1, da Coruña – a exposición “Acción Laxeiro” comisariada polo académico de Artes da Imaxe Xurxo Lobato. De seguido terá lugar un acto no que se homenaxeará ao pintor e na que lembra tal xornada conmemora a data do 1 de abril do 1188 no que o Mestre Mateo asentou os linteis do Pórtico da Gloria.

Xose Otero Abeledo , “Laxeiro” nace un 23 de Febreiro de 1908 en Donramiro, Lalín e morre en Vigo o 21 de xullo de 1996. Longa e experimentada traxectoria, dunha rica e variada obra, que pasa por Lal´ín, Cuba, Bos Aires, Vigo, Madrid, pra ser un dos Renovadores da Arte Galega, caracterizado pola singularidade dos seus trazos expresionistas, xestualismo…. e sempre arredor dun tema galaico, quizais ambientado no seu mítico marquesado da “Romea”, como o pintor lle chamaba a súa terra do Deza. Feira onde “Eros” e “Thanatos” se enguedellan nun xeito de “Entroido”, de ires e vires entre anxos e demos, o Mundo e o Trasmundo. Tempo no que Amigos dos Museos de Galicia recomenda recuperar a este creador, neste tempo con exposicións en Lalín, Vigo e Pontevedra.