MARTES 29 DE MARZO: ASAMBLEA XERAL DE SOCIAS/OS DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA


A fin de dar cumprimento ao Regulamento de Amigos dos Museos de Galicia, axuntamos a convocatoria de Asemblea Xeral para o martes 29 de marzo na que trataremos sobre os logros do presente e das ansias de futuro. É ese un xeito democrático de participar nun colectivo do que formas parte esencial.

Estimado/a Socio/a:

         Pola presente informamos de que de acordo co Artigo 19º dos Estatutos da nosa entidade, queda convocada a:

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA

Que se desenvolverá o martes, día 29 de marzo do ano en curso, ás 19,30 horas en primeira convocatoria e 20,00 horas en segunda e última no noso espazo de cultura “Portas Ártabras”, na rúa Sinagoga – 22.

A Asemblea desenvolverase segundo a seguinte Orde do día:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da Acta da Asemblea anterior.

2.- Memoria de Actividades desenvoltas no 2021

3.- Proposta de novas publicacións.

4.- Balance de Gastos e Ingresos do ano 2021.

5.- Actuacións para o 2022.

6.- Orzamentos do 2022.

7.- Pregos e outros.

Agardamos a súa presenza e participación nesta xuntanza en “Portas Ártabras”.