XOVES 16 DE DECEMBRO: MIGUELANXO LAR PRESENTA “MARE VOSTRUM”


O xoves 16 de decembro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro “MARE VOSTRUM” de Miguelanxo Lar.

MARE VOSTRUM é un romance no que o personaxe de Nico Barreiro retoma as aventuras que o levaron a Barcelona na miña primeira novela, Latinoeuropa. En Mare Vostrum Nico é un escritor de éxito que ademáis rexenta un restaurante en Roma e goza da vida en familia coa súa namorada, Valeria, cando recibe unha chamada alertándoo do estado de saúde mental do seu amigo Marc, e que o obriga a seguir un periplo por algunhas das máis carismáticas cidades do Vello continente. Mare Vostrum é unha historia de amor e de amizade tamizada polos acontecementos políticos acaecidos na Barcelona de 2017, pero é tamén a novela dunha xeración marcada pola crise económica de 2008. 

MIGUELANXO LAR iniciou a carreira de Dereito, que abandonou para estudar cine en Barcelona. Colaborou no filme Sicixia de Ignacio Vilar, e realizou un documental sobre a fala galegoportuguesa do val estremeño de Xálima. Traballa na casa museo de Uxío Novoneyra, xestionada pola fundación Uxío Novoneyra. En 2018 autoeditou a súa primeira novela, Latineuropa. En 2020 apareceu a súa segunda novela, Mare Vostrum.