XOVES 18 DE NOVEMBRO, MARÍA MOURE PRESENTA: “MARÍA DAS HERBAS E AS HERBAXEIRAS DO CAUREL”


O xoves 18 de novembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do novo libro de María Moure de Oteyza: “MARÍA DAS HERBAS E AS HERBAXEIRAS DO CAUREL”. Crónica da Cultura Popular dunha Terra Extraordinaria é un libro de divulgación destinado ós expertos e ó público en xeral, primeiro tomo dunha triloxía que ten o catálogo de plantas medicinais como fío conductor. Baséase nas entrevistas realizadas ós veciños da bisbarra (concello de Folgoso e colindantes) durante dous anos de traballo de campo, tempo no que a autora vivíu na serra. Aspírase a que a obra, de 316 páxinas e 245 ilustracións, supoña un referente diferenciador respecto ó resto de estudos de Etnobotánica de España, pois o foco está posto nas persoas, non nas plantas medicinais. O factor humano é primordial en toda a obra. Ademais do relacionado ca Etnomedicina ó longo dese ensaio novelado, dito rasgo ponse de manifesto a través das reseñas biográficas de cada un dos informantes chave ou dos comentarios, testemuños persoais, ritos ancestrais, adiviñas, cancións ou refráns, por poñer algún exemplo. Outros rasgos diferenciadores o constitúen a información inédita, o apartado adicado á Medicina Preventiva, dous escritos etnomedicinais antigos ou as láminas botánicas pintadas por Antonieta de Oteyza, nai da autora. Están presentes o sentido do humor e a espontaneidade derivada de transcribir literalmente o que, ó longo de dous anos, tantos maravillosos caurelaos relataron, elementos importantes pras persoas interesadas nas plantas medicinais e no Caurel e pra todos aqueles que queiran saber o que de auténtico, de raíz, de ancestral, permanecen aínda no noso mundo.

María Moure de Oteyza é Licenciada en Farmacia pola USC. Acadou a Suficiencia Investigadora (diploma DEA) en dita Universidade. En novembro de 2020 Teófilo Edicións publicou o seu primeiro libro, titulado “María das Herbas e as Herbaxeiras do Caurel.” En maio de 2021 saiu á rúa a segunda edición. A obra está baseada na Etnomedicina e tradicións populares desa bisbarra da provincia de Lugo e forma parte dunha triloxía que ten o catálogo de plantas medicinais como fío conductor. Dende 2014 María imparte cursiños, conferencias e obradoiros a través de diversas institucións (USC, UNED, concellos, Deputación de Lugo) e en asociacións culturais e centros de terapias naturais. Dita labor a compaxina co traballo como farmacéutica adxunta. Actualmente ten unha colaboración a través dunha tese de doutoramento co Departamento de Farmacoloxía da Facultade de Farmacia da USC.