OS MÉRCORES DE NOVEMBRO NA BIBLIOTECA PROVINCIAL: CICLO DE CONFERENCIAS COÑECER GALICIA II IMPARTIDO POR FELIPE SENÉN


Trátase dunha introdución a aspectos, que a través da Historia da Arte, caracterizan e universalizan á cultura galega, expresados a través da literatura, da arte, da antropoloxía, dos camiños…

Imparte: Felipe-Senén López Gómez, Historiador da Cultura Galega. Arqueólogo e Museólogo.

Dónde: Biblioteca Provincial (R. Riego de Agua, 37 – A Coruña)

Días: os mércores de novembro: 3, 10, 17 e 24.

Hora: ás 19:30 h

Prazas: entrada libre ata completar aforo

1:  PREHISTORIA-PROTOHISTORIA  e AS RELACIÓNS ATLÁNTICAS

* Megalitismo e a pedra na cultura galega

*A Cultura castrexa e o debate sobre os celtas, celtofilia e celtofobia, panceltismo e xermanismo

* A Romanización, singularidades nun extremo occidente.

2: A CRISTIANIZACIÓN, OS SUEVOS E OS CAMIÑOS DE COMPOSTELA

*O Mapa de Galicia a través da antigüidade e o Medievo

*A aristocracia sueva e os eremitorios cristiáns

*A cuestión do Priscilianismo e a tumba de Santiago

3:  O ROMÁNICO: A APOTEOSE DE COMPOSTELA, CONVERXENCIA DE CAMIÑOS

*O fenómeno da Peregrinación

*Os camiños por terra e mar, as relacións coas illas Británicas, con Aquitania, Borgoña e Provenza

*Compostela e a súa irradiación

4: DENDE O RENACEMENTO AO MODERNISMO, OS INTELECTUAIS DA XERACIÓN «NÓS»

*O xermolo dun imperio cristián

*Arte, Tradicións nos camiños dun Novo Mundo

*A filosofía da identidade nun mundo en conflicto, os «ismos»

*A Teoría e a praxe de Seoane e Díaz Pardo a través do Laboratorio de Formas de Galicia

*CONCLUSIÓNS: «univerdidad«: unidade na diversidade