EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE YASUHIRO YOTSUMOTO EN PORTAS ÁRTABRAS


A mostra de fotografía de Yasuhiro Yotsumoto ‘Camiño‘ estará dispoñible para visitar en Portas Ártabras do 18 de outubro ao 31 de decembro de 2021, en horario de luns a venres de 19:00 a 21.00 horas. 

Yasuhiro Yotsumoto naceu en Neyagawa (Osaka, Xapón). É un dos referentes na poesia xaponesa. O seu primeiro poemario (Warau bagu ‘O bug que ri’) foi publicado en 1991. En 2012 publicou en Xapón en ensaio sobre a obra do famoso poeta Shuntar? Tanikawa.

Dende 1994 reside en Munich, Alemaña, pero iso non lle impediu seguir sendo un destacado protagonista da poesía xaponesa, como o demostra o feito de ser o editor xaponés do sitio Poetry International Rotterdam, ou ter traducido ó xaponés autores como E. Dickinson, Dante, Rilke ou Li Po.

Na fotografia de Yasuhiro encontramos a súa visón poética do mundo. Curiosamente o seu blog de fotografía títulase Eye Poet (ollo do poeta).

‘O Camiño’ ten unha importancia fundamental na espiritualidade de Yasuhiro. Non só no seu aspecto relixioso, caso dos tres que se poden contemplar na presente exposición (Santo André de Teixido, Kumano e Fisterra), senón o camiño como parte da procura íntima do eu integrado na natureza. 

Evento organizado pola Fundación Vicente Risco, a Xunta de Galicia e Amigos dos Museos de Galicia.

CATÁLOGO DA EX`POSICIÓN