XOVES 30 DE SETEMBRO: SUSO MARTÍNEZ INTERPRETA A EDUARDO PONDAL


O xoves 30 de setembro ás 20 horas en Portas Ártabras o guía e actor Suso Martínez interpretará a Eduardo Pondal: “UN BARDO PARA OS CELTAS, OS DOS CORPOS BEN COMPRIDOS”

Suso Martínez propón un percorrido por un universo de xigantes, de fadas que coñecen os misterios dos megalitos, e de bardos contadores de epopeias. O Universo de Pondal, das celtas Eirín e Ullín, que se transformará en identidade dun País con Queixumes dos pinos.

Aforo limitado, é preciso anotarse no 630 930 298.