DO 9 AO 12 DE OUTUBRO 2021: VIAXE A COÍMRA E OS SEUS ARREDORES


COÍMBRA: ARQUEOLOXÍA, HISTORIA, ARTE, LITERATURA, ETNOGRAFÍA….

Características para unha viaxe que nos adentra na cultura galaico-portuguesa

Esta xeira está pensada para os primeiros dias de outono, e nada mellor que Portugal e unha cidade próxima a Galicia na sua historia e na cultura, Coímbra.

Nostalxia, fado, poema, conto… trátase de coñecer en fondura a cidade: a arqueloxía da “Aeminium” romana, coma unha homenaxe a procedencia de Caio Sevio Lupo, o arquitecto da Torre de Hércules. Labirinto de sinuosas e estreitas rúas, canellas, grandilocuentes fachadas de todos os estilos, as variadas igrexas e mosteiros en relación coa Raiña Santa Isabel, tan amiga de Galicia; os seus museus, lugares de historia e lenda como a Quinta das Lágrimas, escenarios para os amores tristes de Pedro o Cru e a fermosa Ines de Castro, “a Raiña despois de morta”, a celebre universidade…

Coimbra tivo voz en poetas como Manuel Torga. Viaxe caracterizado polas súas amenidades, cultura e certa nostalxia de fado universitario, de amor e desamor. Adentaremos en espazos enxebres pola súa gastronomía e a melancolía dese fado de Coimbra; os seus arredores, como a cidade Romana de Conimbriga, o parque de Busaco… lugares e tradicións que viviremos nestes catro intensos dias co lecer e o saber que xa caracteriza as xeiras Amigos dos Museos de Galicia. Farase realidade aquel vello dito de que “Coimbra ofrece mais encanto na hora da súa despedida”

DIA 1º: CORUÑA-COIMBRA- POR TERRAS BRACARENSES DA “RUTA DA PRATA” EN CAMIÑO A COIMBRA.

Saída desde o punto de encontro acordado. Breves paradas en diversos puntos do camiño en dirección a Coimbra como Ponte da Lima ou Braga, xantar en restaurante e de seguido continuación a Coimbra, chegada e traslado ao hotel previsto, cea. Saída nocturna por unha cidade sempre acolledora.

DIA 2º: COIMBRA: A CIDADE, AEMINIUM E CONIMBRIGA

Almorzo no hotel. Visita a cidade vella de Coimbra, a universidade, das máis antigas de Europa, asentada no solar que primeiro foi “Pretorium” romano e sobre o que se edificou a alcazaba, logo o pazo real: co seu claustro e a sorprendente Biblioteca Joanina, barroca plena, a Sé nova, o museo dedicado o escultor neoclásico Machado de Castro que ten como alicerce o Criptoportico romano, que se atribúe o mesmo arquitecto da Torre de Hércules, Caio Sevio Lupo, natural desta que foi gran cidade de Aeminium….

A románica catedral Vella , o Mosteiro e igrexa da Santa Cruz (1125), con todos os estilos , da orde de San Agostiño, co panteón real, onde acouga Alfonso Henriques, primeiro rei de Portugal e fillo de galega (1109-1185)… seguindo polas ribeiras do Mondego cara a cidade romana de Conimbriga, a fin xantar nun restaurante e pola tarde visitar detidamente as escavacións arqueolóxicas desta grande cidade de Lusitania que competía con Merida. Os mosaicos, as técnicas construtivas …o seu museo complementa, a través dos artefactos atopados e expostos sistemas de vida, crenzas e sensibilidades. Polo serán visita a Santa Clara a vella e a Quinta das Lágrimas, espazos tan en relación coa vida da Raiña Santa Isabel, peregrina a Compostela, así como a historia de amor entre a fermosísima galega Ines de Castro, amada de Pedro o Cru… o seu xardín e o pazo do século XVIII que expresa o máis xenuíno sentir da arte barroca, tan galaico-portuguesa. Regreso ao hotel e tempo libre. Aloxamento.

DIA 3º: ARREDEDORES DE COIMBRA E COMPLEMENTOS DA CIDADE

Almorzo no hotel. Visita o espeso bosque de Busaco, escenarios de historias e lendas, tan en relación cos franciscanos. Volta a cidade para ter un xantar enxebre. Sigue a visita a esta cidade tan histórica e literaria, seus mosteiros, como o de Santa Clara a Nova, onde descansa a aragonesa Raiña Santa Isabel, princesa de Aragón, muller do sabio poeta Rei Dinis, padroa da cidade. O seu sartego fai apoloxía da peregrinación a Compostela…. Cea enxebre de despedida seguida de noite de fados o estilo “Coimbra”. Aloxamento no hotel.

DIA 4º: RETORNO POLA COSTA DA LUZ CON DETIDA PARA VISITA A AVEIRO

Almorzo no hotel. Saída en dirección a “Costa da luz”, visita completa e tranquila a luminosa cidade de Aveiro, nacida do mar e do sal, como unha Venecia tramada entre canles e casas con azulexos. Seus museus, templos. Xantar e continuación con breve parada en punto de interese cultural do camiño que pode ser Ovar (cidade do azulexo) entre outras. Chegada a Coruña a ultima hora.

FIN DA VIAXE

Para máis información contactar con:

CIBERVIAXES, Rúa Federico Tapia, 41, 15005 A Coruña

Telf: 981-216600