XOVES 16 DE SETEMBRO: CONFERENCIA DE DIEGO PIAY AUGUSTO “UNHA ARISTÓCRATA GALEGA ANÓMALA; A PERIPECIA VITAL DE MARÍA VINYALS E FERRÉS”


O xoves 16 de setembro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia do Arqueólogo e profesor da Univesidade de Oviedo, Diego Piay Augusto “UNHA ARISTÓCRATA GALEGA ANÓMALA; A PERIPECIA VITAL DE MARÍA VINYALS E FERRÉS”

A conferencia centrarase na vida de María Vinyals y Ferrés, cuxa vida se desenrolou entre Soutomaior, Madrid, Cuba e, en menor medida, Córdoba. Trátase dunha muller mol destacada no seu tempo, e a ela debemos dous libros (El Castillo del marqués de Mos en Soutomaior, 1904 e Rebelión, 1905); un de historia, todavía de referencia obligada; e o otro unha novela de carácter autobiográfico que mostra a resistencia dunha muller os condicionantes da época que lle tocou vivir). Ademais, publicou numerosos relatos curtos, contos, e multitude de artigos na prensa. Destacan os seus traballos sobre a educación, e o feminismo, mais non poden esquecerse outros aspectos como a emigración, a sociedade, a economía… A súa increíble formación (falaba cinco idiomas), proporcionoulla o seu tío (o marqués de la Vega de Armijo, que chegou a ser presidente do consello de ministros) e o seu carácter indómito, fan dela unha figura esencial para comprender o xurdimento do movimento feminista en España, pero tamén a súa defensa da educación da muller, como medio para lograr a súa emancipación. Era, ademais, unha grande conferenciante, como demostran os extractos das súas disertacións en Madrid, Pontevedra ou A Coruña, e o éxito de cada un delas, recordado las noticias de prensa da época. É necesario indicar tamén, que María Vinyals naceu aristócrata, pero acabou por pasar unha grande necesidade, descoñecéndose a data da súa morte e o lugar de defunción. O seu percorrido vital creo de experiencias é, sen dúbida, fundamental para coñecer a súa obra, sendo necesario resaltar que nunca deixou de defender os seus ideais a pesar das suas circunstancias, que acabaron sendo dramáticas. 

Aforo limitado, é preciso reservar no 630930298