MUSEO CARLOS MASIDE DE SADA


Ante o lamentable abandono de continente e contido do Museo Carlos Maside de Sada proponse urxir a súa inclusión como BIC

Dende o ano 2016 e por diferentes organismos, institucións e colectivos culturais de Galicia argumentouse e solicitouse ante as administracións – ás que involucra na salvagarda do Patrimonio Cultural o artigo 46 da Constitución Española –  incoar expediente para a declaración de BIC, do Museo de Arte Contemporánea Galega Carlos Maside (o Castro de Osedo, Sada). Argumentada solicitude de protección máxima realizada en base á Ley de Patrimonio Cultural de Galicia ( 5/2016, de 4 de maio)

Centro que alberga significativa obra de Castelao, declarada BIC

O Museo de Arte Contemporánea Galega “Carlos Maside”, alberga ademais significativas obras de Castelao, declaradas  Ben de interese Cultural BIC (por Decreto 249/2011, do 23 de decembro), con todo o que isto implica a nivel legal e de cara a súa salvagarda. Pese a todo na actualidade sometida a problemas de conservación polo estado xeral do Museo.

Laboratorio de Formas de Galicia:  teoría e praxe para unhas industrias preocupadas pola ética e estética de Galicia

Museo nacido no 1970, dentro do ideario do Laboratorio de Formas de Galicia, proposta de Isaac Díaz Pardo, Luis Seone e doutros exiliados, a fin de rehabilitar e revitalizar – aínda dentro da represión da ditadura franquista – canto implica a cultura galega, a súa imaxe e identidade.  Anovando así a teoría e praxe do Seminario de Estudos Galegos, institución expoliada na guerra e a partir de entón  desdebuxados os seus fins, supeditado ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas aínda hoxe.

Laboratorio de Formas que ademais do devandito museo, co fin do acopio, estudo, documentación e divulgación do Movemento Renovador da Arte Galega, a través das súas máis de duascentas publicacións ( moito deste fondo editorial hoxe almacenado en en difícil situación de conservación) vinculou este  activo centro ao debate arte-industria, tradición-modernidade, ética-estética, así como a todo un programa de recuperación cultural e industrial, á imaxe de Galicia, fronte á tendencia acultural ao esperpento. Iniciativas ás que se suma Cerámicas e Editorial do Castro impulsoras do termo “Memoria Histórica”…. así como a Fábrica de Sargadelos coas súas experiencias cerámicas, mesmo o ensaio co vidro, co tapiz, co deseño de mobiliario…. a recuperación do contexto histórico da arqueolox

Ia industrial do Sargadelos de Raimundo Ibañez….        Tentando incorporar e edificando en Compostela espazos para o IGI,  o Instituto Galego de Información, asumindo a importancia da comunicación na súa era, imprescindible na información e na formación….tamén recibindo o legado do Laboratorio Xeolóxico Parga Pondal . Institucións que foron modelo e referente a nivel mundial a través de congresos. “Industrias da Memoria” caracterizadas polo seu compromiso sociocultural e reivindicación da personalidade histórica de Galicia, aspectos de orixe nos que radica a mesma orixinalidade, os que a nova administración destas empresas, foi retirando.

Ante o reiterado silencio administrativo respecto á solicitude de BIC para este Museo  cabe a denuncia de Contencioso Administrativo

Si respecto ás propostas de declaración de BIC do Museo de Arte Contemporáneo Carlos Maside houbera silencio administrativo, entenderíase este como inobservancia de principios, á Lexislación, prevéndose acudir aos Tribunais de Contencioso Administrativo, o que se suxire se faga canto antes.

Sumámonos e solicitamos agora do movemento cultural de Galicia, especialmente dos colectivos preocupados polo seu Patrimonio Cultural, a que asuman e se sumen a esta cuestión urxente e se dirixan ás diferenteS administracións, pedindo que enxerguen a importancia de presente e de futuro deste legado, velen polo continente, contidos e historia do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside para incluílo no Catálogo de Bens de Interese Cultural de  Galicia.

Axuntamos un aclaratorio escrito de Díaz Pardo no 2008

AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA

Sinagoga 22

Coruña 15001

correo@amigosmuseosgalicia.org

tfn-630930298