XOVES 9 DE SETEMBRO: PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ADELA FIGEROA “AS MULHERES DA CASA DA BOUÇA DA ROUPA ESTENDIDA”


O xoves 9 de setembro, ás 20 horas en Portas Ártabras terá lugar a presentación do libro de Adela Figueroa Panise “AS MULHERES DA CASA DA BOUÇA DA ROUPA ESTENDIDA“, editado por Laiovento.

No acto, ademáis da autora participarán: Carmen García Rodeja; voceira da ARMH (Asociación da Recuperación da Memoria Histórica) en Galicia, Isabel Mao; descendente dunha das mulleres a que se fai referencia no libro, Felipe – Senén; Presidente de Amigos dos Museos de Galicia e Xurxo Souto animará o acto coas súas músicas e a súa arte poética.