XOVES 1 DE XULLO: PRESENTACIÓN “EL PARQUE DEL PASATIEMPO EN BETANZOS”


O xoves 1 de xullo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22, A Coruña) a presentación de “El Parque del Pasatiempo en Betanzos”. É preciso reservar no 630930298.

Este libro, realizado por tres membros da Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo, percorre a biografía dos García Naveira e da súa creación máis senlleira, o Parque do Pasatempo. A través das súas páxinas poderemos contemplar o esmorecemento deste lugar declarado Ben de Interese Cultural no 2020. Ademais, conta cun inventario das 110 pezas que nalgún momento chegaron a decorar o Pasatempo e que saen á luz despois dunha fonda investigación documental.