18 DE MAIO “DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS”


O ESTADO DA CUESTIÓN DOS MUSEOS DE GALICIA E “PREMIO PEDRA DO DESTINO 2021”

Neste singular martes, ás 20 horas, en “Portas Ártabras” teremos un acto no que Felipe-Senén introducirá ao “Estado da cuestión dos Museos Galegos”, en relación cos presupostos da nova Museoloxía como ciencia do Museo e da súa xestión. Acto no que estará moi presenmte o lema proposto polo Organismo Mundial de Museos (ICOM): “Recuperar e imaxinar”, na busca de solucións innovadoras arredor da cultura como motor de ideas de recuperación. Tradicións, innovacións e creacións, relacións son os piares para novas estratexias que recuperen o humanismo: o museo dos actores fronte ao museo dos espectadores.

Ao final deste acto a Directiva de Amigos dos Museos, seguindo as súas tradicións para este día dará a coñecer o galardón “Pedra do Destino 2021” co que se agasallará a unha persoa ou colectivo destacado na salvagarda e posta en valor do patrimonio cultural de Galicia. Especificarase tamén en que se materializa ese premio, en algo singular en relación co universo dos museos.

Acto aberto a tod@s e no que os asistentes deben someterse á normativa covid, así como inscribirse previamente chamando ao tfn. 630930298. Os asistentes recibiran como agasallo un exemplar do libro “OS TORQUES ÁRTABROS” , da autoria do arqueólogo Lois Ladra, editado por Amigos dos Museos.