XOVES 18 DE MARZO : POEMAS DE MARÍA PEREZ MIÑONES


Ás 20 horas en “Portas Ártabras”, espazo de cultura de Amigos dos Museos de Galicia, María Pérez Miñones, poeta das novas xeracións lerá e explicará poemas do seu libro “Las Flores del Tilo”. Acto no que fará a presentación o historiador da cultura galega Felipe Senén. “Versos que abren camiños, que rompen valados…en busca dunha LUZ intima e solidaria”. Perez Miñones é integadora social, especialista en talleres de escritura creativa. A súa obra circunscrita nas súas vivencias radica na obra da arxentina Emily Dickinsón  (1830-1886), Alejandra Pizarnik (1936-1972), así como da Estadounidense  ou  da uruguaia Idea Vilariño 81920-2009), poetas, fillas da emigración, buscadoras da Luz entre o Eros e Thanatos, eternas cuestións nas que prende a máis auténtica arte e nela a poesía, como esas mesmas pescudas entre “Negras Sombras” que inspiraron a Rosalía.

Dadas as circunstancias COVID seguirase a normativa establecida individualmente e colectivamente: mascara, aforo limitado…pro que compre inscribirse previamente chamando ao tfn.- 630930298.