XOVES 4 DE MARZO ÁS 19:30 EN “PORTAS ÁRTABRAS”: CONFERENCIA DE ROSARIO SARMIENTO


O Xoves 4 de Marzo ás 19:30 terá lugar en “Portas Ártabras” a conferencia, ilustrada de imaxes, impartida pola Historiadora da Arte e técnica de Xestión Cultural Rosario Sarmiento: “A Guerra e o seu relato na arte contemporánea de Galicia”.

Creador@s galeg@s de todos os tempos, sensibilizados cos motivos e os efectos das guerras, moitos deles que as viven en carne propia, non deixaron de facer un arte de vangarda, militante, comprometido coa Paz, coa Liberdade e coa verdadeira Historia da Arte… como mensaxe, lección “arma cargada de futuro”.

Aforo limitado, cumprindo escrupulosamente as normativas oficiais . É preciso pois reservar no teléfono 630930298.