DOMINGO 14 DE FEBREIRO ÁS 20 HORAS CONFERENCIA DE FELIPE SENÉN EN DIRECTO A TRAVÉS DO FACEBOOK DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA: O ENTROIDO


Fai un ano, no 2020 e por este tempo festivo que abre á primavera un representativo grupo de Amigos dos Museos de Galicia facíamos un recorrido antolóxico a través do Entroido galaico-portugués : o Bolo, Bragança, Podence, Santulhao… Monterrei, a Limia…..

Mal coñecíamos o que acontecería despois e os retos ante os que nos enfrentamos hoxe e dos que algo aprenderemos, non queda outra que acudir á cultura que saber e responsabilidade para protexerse un e aos demais. Así que, coutados. acudimos ás novas tecnoloxías pra non deixar de manter as tradicións: encetar o programa 2021, se non cunha viaxe, farémolo lembrando a riqueza festiva de Galicia no tempo do Entroido: almanaque festivo, variedades de máscara, rito… recurso cultural e turístico digno de encauzalo como proposta a Patrimonio da Humanidade, como xa ven facendo o tronco común portugués.

Así que para estar con nós e participar, en directo, toma nota do día ( domingo 14 Febreiro) e hora (20:00) e preme aquí.