XOVES 22 DE OUTUBRO, IRIA-FRINÉ RIVERA VAZQUEZ PRESENTA: A ORIXINALIDADE RADICA NA ORIXE; O CONCEPTO DA IMAXE GALEGA NA ESTÉTICA DE VICENTE RISCO


O xoves 22 de outubro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro de Iria – Friné Rivera Vázquez: A ORIXINALIDADE RADICA NA ORIXE; O CONCEPTO DA IMAXE GALEGA NA ESTÉTICA DE VICENTE RISCO.

Como teórico da Arte, Vicente Risco recolleu as maiores influencias artísticas da nacente modernidade. A súa figura funcionou como un catalizador dentro da cultura galega, impulsando diferentes ámbitos –dende a Arte até a Literatura– na cal se forxou un imaxinario atemporal galego entre el, Camilo Díaz Baliño e Ramón Cabanillas. Cuestións como o simbolismo, o concepto de vangarda, a sinerxia entre a linguaxe visual e a literaria ou o poder da imaxe aparecen nas súas conferencias, artigos, libros ou cartas. Pero igualmente estilos artísticos –tanto históricos como contemporáneos–, referencias científicas, as viaxes ou a amizade exerceron unha rede que constituíu un Renacemento Galego que hoxe continúa emitindo unha vitalidade construtiva dende o humanismo galego para a cultura universal.

*Capacidade limitada – Cita previa no teléfono 981210101 ou no mail: correo@amigosmuseosgalicia.org