MOSTRA SOBRE CHAMOSO LAMAS: REXISTRAR, REHABILITAR E REVITALIZAR O PATRIMONIO CULTURAL


 "Portas Ártabras", espazo de cultura de Amigos dos Museos de Galicia recolle unha mostra sobre aspectos que caracterizaron a vida do historiador da Arte Manuel Chamoso Lamas (Moldes de Boborás 1909 – 1985 A Coruña), alumno e discípulo dos membros da agora lembrada e celebrada Xeración “Nós”, como do seu veciño Lousada Dieguez. Collage composto por documentos fotográficos da súa mesma autoría que mostran esa ansia de documentar, estudar, dar a coñecer, conservar, rehabibilitar e revitalizar dun xeito acorde coa significación das estruturas, sen alterar a súa historia.

Chamoso Lamas  supuxo un paso imprescindible na madurez da ciencia Arqueolóxica e Muselóxica con canto implican na xestión dun patrimonio cultural que nos identifica na globalidade, recurso cultural e  polo tanto atractivo turístico.

Esta ostra estará aberta nos horarios da asociación, diariamente de 7 a 9 da tarde e sábados  pola mañá de 10 a 2 horas, dende o 10 de setembro ate fins de Novembro. Actividade que incluirá varias conferencias que serán gravadas en vídeo e difundidas, coa ansía de dar a coñecer este eslavón cultural nunha época complicada da ditadura e do desenrrolismo.