XOVES 6 DE AGOSTO: A MARAGATERÍA. CONFERENCIA DE FRANCISCO ALONSO


Ás 20 horas en Portas Ártabras o profesor de Xeografía da Univesidade Complutense Francico Alonso Otero impartirá unha conferencia sobre a MARAGATERÍA.

Encontro no que abondará en temas relativos á xeografía deste enclave, entre Astorga, os montes do Teleno e o Val do Silencio, atravesado polo Camiño Francés a Compostela, así como a súa arqueoloxía, sendo interesantes os seus enclaves mineiros romanizados, as características das aldeas. Adentrándose ademais na singularidade dos maragatos, nas súas redes comerciais, os transportes, as mercancias, o trafego cabalar, o bandolerismo, a gastronomía, as tradicións, o traxe… e o seu declive e reconversión co ferrocarril. Non faltarán alusións a grandes literatos como Concha Espina, Leopoldo Panero, a estudosos do tema como Martinez Salazar, Marcelo Macias, Luengo Martinez, Augusto Quintana… entre tantos outros que mesmo cuntribuirian ao florecer cultural de Galicia, como os chocolateiros e creadores da familia Granell, entre tantos apelidos asentados en vilas e cidades de Galicia.