XOVES 23 DE XULLO PRESENTACIÓN DE “OS TORQUES ÁRTABROS” DE LOIS LADRA


O xoves día 23 de xullo, ás 20 horas en Portas Ártabras,cunha conferencia do arqueólogo Lois Ladra farase presentación pública do libro editado polo noso colectivo " OS TORQUES ÁRTABROS. ARQUEOLOXÍA E CONTEXTO PARA O OURO GALAICO". Exemplar que se une a oturos xa publicados na mesma colección sobre Alexandre Malaspina,  A guía de dolmens de Galicia,  a Guía do Cimeterio de Santo Amaro, O Golfo ártabro, O Picasso Coruñés, os Amigos dos Museos de Galicia

Acto no que se tratará sobre aspectos da minería, a metalurxia do ouro e sobre os torques, en especial dos clasificados por Monteagudo como "torques Ártabros": as teorías sobre estes enigmáticos emblemas e a bibliografía arredor diles. Obsequiarase aos asistentes con esta publicación, posible grazas á axuda concedida pola Deputación da Coruña.

Para este tipo de actividades sometémonos a normativa e ao senso común frente ao coronavirus, utilizando o tapabocas e aforo limitado a un máximo de 30 persoas. (1/3 de aforo)

Acto que, ademais, será grabado en video e posto na nosa páxina de youtube.