XOVES 16 DE XULLO: CONFERENCIA DE ÁNGEL CONCHEIRO SOBRE A PAISAXE DOS CASTROS


O xoves 16 de xullo, ás 20 horas, en Portas Ártabras, o arqueólogo Angel Concheiro dará unha conferencia sobre “CASTROS E AGRAS : INTERVENCIÓN E CREACIÓN  DUNHA PAISAXE GALEGA”. Concheiro Coello ten o mérito de achegar ao gran público, de xeito científico e con amenidade, a arqueoloxía e os seus problemas. Estudoso do castro do Achadizo e do Neixón, ambos en Boiro,  así como do de Baroña en Porto do Son, do das Barreiras en Vimianzo, entre outros xacementos que fan del experimentado nestas cuestións que definen a Idade dos Metais e a Antigüidade en Galicia. Preocupado por aspectos estratéxicos defensivos, así como da actividade agrícola e  gandería nestas sociedades familiares, actividades que condicionarán fondamente a paisaxe galega, mesmo ate nosos días e pese ás repoboacións forestais : as siluetas deses montes de media altura, situados de xeito xeoestratéxico, os rebordecháns “castrados”, dominando vales de ríos, agras, zonas de caza…

Seguindo a normativa pra esta situación da pandemia, o aforo non sobrepasará os 30 asistentes. De todos xeitos esta actividade, ilustrada de imaxes, será gravada en video e posta nestas páxinas.