DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS VIRTUAIS


Sentimos non podernos atoparnos nesta xornada do 18 de maio, no noso espazo de cultura "Portas Ártabras ,  como en anos pasados. Falando do pasado, do presente e do futuro da institución do MUSEO.  Aínda que podemos seguir a facelo, dalgún xeito, pode ser a través das pantallas,  das tecnoloxías dixitais, premento en calquera desas páxinas, fáciles de atopar en internet, elaboradas con saber e agarimo polos profesionais dos mesmos  museos. Mensaxes que, nun tour virtual nos seducen e nos transportan ao real, paseando entre antigas ou novas e espectaculares arquitecturas, achegándonos  mesmo á alma dos artefactos e aos seus autores: pinturas, eculturas, restos arqueolóxicos…. Tecnoloxías que tanto poñen de relevo a capacidade creadora do ser humano, como que todo, dende sempre, está en proceso de cambio e cun obxectivo primordial que agora valormos máis que nunca: a liberdade, a comunicación, o entendemento e a paz.

Na tarde do "Día dos Museos" , tamén como sempre, agora a través desta páxina a Xunta Directiva de Amigos dos Museos de Galicia dará a coñecer o "Premio Pedra do Destino 2020", dedicado a aquelas persoas ou colectivos que veñen realizando un traballo en favor de canto significa a difusión e  a salvagarda do patrimonio cultural en Galicia. Recoñecemento que supón axuda  a un proxecto e ánimo pra quen o recibe e que é un dos fins desta nosa asociación cultural.

Moito agradecemos que nos sigas e que  tamén en vós siga acendida – entre as sombras e incertezas que nos coutan, – a chama da cultura. Aquí estamos.