XOVES 12 DE MARZO: “RELIGIÓN Y PODER EN EL ARTE” (Continuación)


O vindeiro xoves 12 de marzo ás 20 horas, en Portas Ártabras terá lugar unha nova charla do ciclo “Paganismo e relixión na arte” na que o enxeñeiro José Luis García Dornelas continuará falando sobre RELIGIÓN Y PODER EN EL ARTE.

A charla acompañarase coa proxección dun centenar de imaxes para mostrar que os símbolos de poder que utilizan os deuses e os gobernantes na actualidade foron concibidos hai varios milenios.