XOVES 5 DE MARZO: 4 IRLANDESES, UN CAMIÑO DE NAVEGACIÓN E UN FIN. NAVEGANDO POLA FE


O xoves 5 de marzo ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha homenaxe a catro irlandeses e a súa aventura de irmandade entre Irlanda e Galicia:  ao cantautor Glen Hansar gañador dun Oscar, a Liam Holden, artista, a Bredndan Beglñey, músico e a poeta Danny Sheehy, os que dende 2014, cada verán e dende Dublín levaban facendo o Camiño de Santiago vía marítima. Aventura experimental, a remos e beirando a costa, nunha tradicional embarcación irlandesa, curragh de madeira e coiro. Pero un 11 de xuño do 2017, na foz do Miño, entre Caminha e Camposancos, a artesanal embarcación naufragou, coa morte de Sheehy. A tristeira noticia recorreu Erín e conmocionou a cantos os coñecian en Galicia pola súa creratividade e bonhomía. O obxectivo desta aventura era un film. 

Amigos dos Museos de Galicia non quere deixar en esquecemento esta tentativa de anovación de unha vella irmandadade,  polo que faia agora unha lembranza: BOGANDO POLA FE. Acto que contará cunha breve participación do poeta do mar Pepe Iglesias e  Felipe-Senén, seguida dunha proxección sobnre esta aventura, a que rememoraba ancestrais relacións marítimas "célticas" entre Irlanda e Galicia.