XOVES 27 DE FEBREIRO: PABLO VAAMONDE E O SEU “PAVILLÓN DE REPOUSO”


Ás 20 horas en "Portas Ártabras" o  comprometido doutor e médico de familia  Pablo Vaamonde introducirá ao seu último libro, publicado pòr Medulia, co suxerente título de "Pavillón de repouso". Trátase dunha escolma de textos interaccionando cuestións sociais, as alarmas na sanidade, o medo, o estado da cuestión social. Obra contruída  con amena cantería literaria,  feita coa finalidade de servir a quen se pon a enxergala: experiencias dunha vida no ámbito da medicina familiar e comunitaria, na atención primaria, lembranzas do que se perde nas sombras, libros e mestres recomendados e sempre un escenario e os seus autores, Galicia.