XOVES 20 DE FEBREIRO: O APROPÓSITO DE CARNAVAL CORUÑÉS. NON DAR A ESQUECEMENTO”‘.


O xoves 20 de febreiro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a conferencia de Antón de Santiago sobre O APROPÓSITO CORUÑÉS E O ESTADO DA CUESTIÓN .  Antón de Santiago é profesor do Conservatorio, musicólogo, baritano, periodista, polígrafo, continuador e divulgador da tradición do Apropósito Coruñés. Adentrarase nesdas retranqueiras zurzuelas para o tempo de Entroido, dando un senso urbano, mesmo intelectual aos sermóns, parodias e a outras fórmulas parteatrais do Entroido rural galego, cos seus teimudos e participativos retrousos, os que perduran décadas na memoria colectiva. Repaso no que se lembrarará o nacemento do Apropósito en 1850 no seo do Circo de Artesanos, análise das grandes fiuras, letristas e intérpretes, Nito, Pibela, Canzobre… e o desenvolvemento polas salas e teatros da cidade ata chegar ao s.XXI da man da Compañía de Apropósitos "Nito".