XOVES 12 DE DECEMBRO: CONFERENCIA “LOS CÓDICES Y LA NAVIDAD”


O vindeiro xoves 12 de decembro ás 20 horas, en Portas Ártabras, terá lugar unha nova charla do ciclo “Paganismo e relixión na arte” na que o enxeñeiro José Luis García Dornelas comentará os últimos avances filolóxicos aplicados aos códices que describen o Nadal. A charla acompañarase coa proxección de medio centenar de imaxes que mostran como as diferentes interpretacións do texto influíron nas representacións do Nadal.