23-24 NOVEMBRO, COÑECER BRAGA E OS SEUS ARREDORES


Para adentrarse na historia da cultura galega compre coñecer ben a cidade de Braga, unha das grandes capitais da Gallaecia Romana e importante núcleo e rival de Compostela no Medievo. Dende esta óptica o noso colectivo dedicará este fin de semana  de outono á furar na capital do baixo Minho.

Xeira que partirá ás 9 da mañán do sábado 23, dende a parada de Bus do Sporting-Casino, Obelisco, ( punto de saída única), en dirección Ponte da Lima, onde faremos unha parada técnica e turística pra insistir en aspectos desta vila con tanto encanto. De seguido visitaremos Barcelos, célebre  polas súas mulleres oleiras, polas súas lendas en relación con Compostela, onde teremos o xantar nunha das tabernas máis típicas das ribeiras do Cávado…Tarde que dedicaremos a ver o  sorprendente templo altomedieval de San Froitoso de Montelius, a aldea de Dume, onde Martiño Dumiense, o "Apóstolo dos Suevos" tivo a súa importante sé no século VI. Cidade na que termos o noso aloxamento e cea nun bo hotel…Na noite paseo pola cidade.

O Domingo visita ao Museo Arqueolóxico e ruinas romanas de Braga, a Fonte do Idolo, a Catedral...o Sameiro e o Bon Xesús.… Sen perder tempo, deixando os sentidos que reciban o outono da bracarense, ambente que tanto ten inspirado a poetas galegos como portugueses. Xantar de despedida na mesma Cidade de Braga…Arredores, miradouros, arqueoloxias, historias que culminarán coa visita ao grandioso mosteiro  barroco de Tivaes… Onde non faltarán explicacións que permitiran coñecer as bases históricas e culturais de canto significou na antiguidade, no medievo e mesmo no decimonónico Rexudimento esta cidade, sempre referente.

O retorno á Coruña prevese arredor das 11 horas.

Pra esta xeira convén inscribirse no noso axente:

CIBERVIAXES.

Federico Tapia, 41

Tfn.- 981 216600