XOVES 7 DE NOVEMBRO: CONFERENCIA SOBRE CASTELAO EN FRANCIA


Dúas conferencias impartidas polo historiador de Arte que foi director do Museo de Pontevedra Carlos Valle, arredor de Alfonso Daniel Rodriguez Castelao.

    Castelao (Rianxo, 1886-Buenos Aires,1950) viaxou por motivos diversos, en varias ocasións, a Francia. As dúas visitas máis longas realizounas en 1921 e 1929, sendo financiadas ambas por bolsas-pensións concedidas pola “Junta para Ampliación de Estudios”. Tivo como marco de referencia a primeira a cidade de París, onde estivo residindo case cinco meses (entre xaneiro e xuño), e a segunda, de catro meses de duración (entre xuño e setembro), as terras de Bretaña.

     Nas conferencias analizaranse, en cada caso, as circunstancias que propiciaron a viaxe, o traballo realizado no seu transcurso e as consecuencias que tiveron non só na súa traxectoria intelectual  senón tamén no desenvolvemento, en xeral, da Cultura Galega do seu Tempo e a súa ulterior proxección.

Viaxe que lle valeu a Castelao pra por de relevo as relacións entre Galiza e a Bretaña, aumentando os coñecementos que xa tiña e recollía pra a elaboración de dous libros de historia cultural fundamentais, "As Cruces de Pedra na Breñana" e "As Cruces de Pedra na Galiza".

    Castelao (Rianxo, 1886-Buenos Aires,1950) viaxou por motivos diversos, en varias ocasións, a Francia. As dúas visitas máis longas realizounas en 1921 e 1929, sendo financiadas ambas por bolsas-pensións concedidas pola “Junta para Ampliación de Estudios”. Tivo como marco de referencia a primeira a cidade de París, onde estivo residindo case cinco meses (entre xaneiro e xuño), e a segunda, de catro meses de duración (entre xuño e setembro), as terrras de Bretaña.

En ambas conferencias analizaranse, en cada caso, as circunstancias que propiciaron a viaxe, o traballo realizado no seu transcurso e as consecuencias que tiveron non só na súa traxectoria intelectual senón tamén no desenvolvemento, en xeral, da Cultura Galega do seu Tempo e a súa ulterior proxección.

Esta actividade que terá lugar o xoves 7 e nunha próxima data ainda por determinar en Portas Ártabras, entra nunha serie de actividades , conferencias e visitas, que durante o mes de Novembro o noso colectivo realiza dentro do cursiño COMO SE VISITA UN MUSEO, un xeito de analizar e sacar proveito á institución do museo, como continente, contidos, espazos de estudo, catalagación exposición e didáctica.