XOVES 28 DE NOVEMBRO E VENRES13 DE DECEMBRO: VISITAS ESPECIAIS AO PÓRTICO DA GLORIA


Confirmamos xa as datas desta esperada visita (xoves 28 de novembro e venres 13 de decembro), grupos especiais de 30 persoas: Saída ás 15 horas da parada de bus do Sporting Casino, previa inscrición que deberá facerse no noso espazo de cultura, Portas Àrtabras, ou chamando ao tfn. 981 210 101.

Trátase dunha visita tanto pra coñecer a historia da Catedral de Santiago, como do simbolísmo do Pórtico, así como o recente proceso de restauración. De seguido visitarase a Capela das Reliquias ou Panteón Real, asi como o Museo Catedralicio, recentemente renovado.