DOMINGO 27 DE OUTUBRO: XEIRA POR TERRAS CARBALLIÑESAS DO ARENTEIRO


Podes sumarte a esta xeira que, dende a Coruña  nos levará ao Carballiño, cerna na que complementar aspectos menos coñecidos da vila. Visitando en ester caso o Balneario, a Pena dos Enamorados, a fábrica de papel e o conxunto etnográfico do Arenteiro…

Río que seguiremos até adentrarnos no campo da Saleta, o sorprendente románico de Astureses e Xurenzás, Cameixa , Salón, volta a pasar por Pazos de Arenteiro…Leiro e o mosteiro de San Clodio. Unha xeira diferente ,na que tampouco faltará o xantar enxebre que caracteriza a esta vila nacida da encrucillada, entón da feira. Apúntate e comprobarás como sempre hai un universo por coñecer, máxime neste tempo, xa outonal, que abre aos días de defuntos e magostos. a castañeira que dicía o señor destas bocarribeiras, don Ramón Otero Pedrayo, palabras e sentimentos panteistas e galegos que nos guiarán.