DOMINGO 22 SETEMBRO: XEIRA POR TERRAS OURENSÁNS DE ENTRIMO


Podes anotarte a esta excursión cultural que neste domingo do primeiro ]outono que nos levará ao Sur da provincia de Ourense. Estrada bordando a Vía Nova ou XIX, a que unía Astúrica con Brácara, pasando por Bande, coñecendo o campamento e mansión romana de Aquis Querquennis, as termas… seguindo pola igrexa visigótica de Santa Comba, o balneario de Río Caldo, Entrimo coa súa sorprendente Colexiata  barroca…. os camiños da Serra…e moito máis, como xa en terras portuguesas, a carón da serra do Soajo, o encoro e a aldea de Lindoso co s seus espigueiros e  sobre deles o Castelo. Viaxe que é un antolóxico paseo polos máis representativos escenarios da Historia de Galiza. Bisbarras célebre tamén pola súa gastronomía, a que incluiremos nesta entretida xornada para coñecer, querer e defender o patrimonio cultural de Galiza. Apúntate e ven.