DOMINGO 8 SETEMBRO XEIRA A MUROS E NOIA COS SEUS MISTERIOS


Podes participar nesta xeira especial con recorrido a través dun universo pouco coñecido entre dúas vilas mariñeiras por excelencia, Muros e Noia, as que coñeceremos de xeito integral. Arqueoloxía, arte, historia, etnografía, tipismo e canto hai entre ambas vilas: o Tambre, a ría, a Ponte Nafonso, San Ourente de Entíns e Outes cos seus carpinteiros de ribeira, Bornelle cos conxuntos de hórreos, o Cachón co seu muiño de maré, Louro , Serres dos petróglifos e as mellores panorámicas de Fisterra..retornando por Santa Comba. Viaxe chea de sorpresas e de canto significa a Galiza máis enxebre e mariñeira, tamén o xantar. Esperámoste.