DOMINGO 11 DE AGOSTO: XEIRA POR TERRAS LUSAS DO MINHO


Como complemento da pasada xeira do domingo 28 de xullo a terras pontevedresas do Condado, esta nova excursión cultural , pensada pros días longos do verán e buscando espazos de frescura, estará dedicada a recorrer outra banda arraiana do Miño: dende Arbo, atravesando pola ponte do celebrado Miño lampreeiro a Melgaço, seguindo Monçao. Área vitivinícola do celebrado Alvarinho, arredor do solemne e espectacular Pazo da Breijoeira. Viaxe que continuará pola serra do Leboreiro, coroada polo castelo, campos nos que avistaremos as cornudas vacas “célticas”, frieiresas , así como os dende a antigüidade cotizados mastíns, os  de raza “Leboreiro”. Montes dernde os que se divisan terras do Minho, así como a bracarense, centradas polo célebre santuario da Peneda, asentado baixo unha xigantes moles graníticas e na caída dunha fervenza. Como é costume nesta iniciativa o recorrido complementarase con visitas a miradouros, museos, xacementos arqueolóxicos, castelos nos que escoitaremos falar de Don Dinis e das revoltas contra os franceses, así como das heroína Deu la Deu de Monçao ou Inés Negra de Melgaço, entre outras historias e mitos populares. Recorrido no que quedará evidente a sensibilidade portuguesa cara ao seu patrimonio e a súa identidade, con tantos rasgos en común cunha Galiza na que ten a súa mesma orixe. Non faltará o xantar enxebre que caracteriza as terras do Leboreiro. Apúntate xa, sempre hai sitio pra ti.