ACTIVIDADES ARREDOR DA ESCULTURA


Os meses de Xullo, Agosto e Setembro vímolos dedicando á Escultura, a esa arte tan característica de Galicia, con expresións tan antigas como os petróglifos, que pasa e cultiva o simbolismo e abstracción castrexa, as estelas galaicoromanas, que segue e triunfa no Románico, con grandes logros e características identitarias, despois os contrastes e xeometrías do Barroco, ata a contemporaneidade, que inevitablemente pasa por Asorey e tantos outros. E na actualidade as novas experiencias en novos materiais, buscas insólitas e anovadoras que asumen e retoman un pasado sobre o que se erguen ou co que rompen, pero partindo del.

As técnicas, os talleres, as modas e sensibilidades, os mestres, homes e mulleres artistas escultores dalgún xeito estarán presentes neste ciclo introdutorio.

Así é que, ás 20 horas de todos os luns e xoves teremos proxeccións, explicacións, conversas con creadores de formas vencellados á escultura. O escultor Pepe Galán, coordinador de esta experiencia teórico-práctica, mostrará a xénese dunha das súas obras, a través dunha exposición e dunha instalación aérea no propio espazo de cultura de Amigos dos Museos de GaliciaPortas Ártabras. E pra meter mais no  tema, abaixo ofrecemos información sobre esta experiencia. Non faltes.

DOCUMENTOS ARREDOR DA NOVA ESCULTURA "ENCAIXA VOADORA"  DE PEPE GALÁN EN PORTAS ÁRTABRAS

F.T. Escultura,Encaixa voadora

Memoria,Escultura.Encaixa voadora

Nota de Prensa

RESUME BIOGRÁFICO.

Sinopse. O combate fértil