DOMINGO 28 DE XULLO: XEIRA POLO CONDADO, RIBEIRAS DO MIÑO RAIANAS CON PORTUGAL


Esta aberto o prazo pra inscribirse e participar nesta singular xeira, a que levará aos asistentes a ese penúltimo tramo do Miño cara a súa desembocadura e límites co Minho portugués. Territorio centralizado por Salvaterra de Miño, sempre asociado ao viño e a lamprea, que é como dicir o Mundo Romano e o Medievo: Porriño, Ponteareas, Mondariz, Castelo de Sobroso, o monte sacro da Picaraña… seguindo cara ás Neves, Arbo, Crecente… Un día de verán e en lugar adecuado para coñecelo en profundidade. E sen faltar o xantar enxebre para este tempo.

Non se coñece Galicia se non nos adentramos , guiados por quen sabe, nesta rexión tan humanizada dende a romanización e con vestixios e tradicións de todo tempo. Apúntate xa como sempre no noso espazo de cultura, “Portas Ártabras”, tfn.-981210101, ou 630930298.

Xeira que se complementará coa do domingo 11 que será pola parte arraiana, portuguesa, con lugares como Melgaço, Leboreiro co Santuario da Peneda, Monçao e o palacio da Breijoeira, entre moito máis.